Naila
- O tempo, iso é o que está pasando agora mentres estou aquí de pé disimulando que mañá non vai a ser o peor día de todo o ano, coma o foi sempre dende que teño memoria.- Naila suspira cara o espello e séguelle a falar ao seu reflexo- Mañá será o meu vixésimo terceiro aniversario e será un día coma outro calquera. Un día máis de erguerme nunha casa baleira, comer nunha mesa con 12 cadeiras sen ninguén que as ocupe, unha tarde que será como o resto das tardes da miña vida, e unha noite onde meu pai chegará a casa sen lembrarse de que día se trata.
Escápaselle outro triste suspiro e sae do baño para dirixirse a súa habitación. Antes de que o seu corpo puidese tocar a cama escoita coma a porta principal se abre, o cal significa que o seu pai acaba de chegar de traballar. Sae da habitación, na cal non puido nin estar 15 segundos e dirixiuse cara a cociña. Esta non era moi grande pero tampouco precisaban máis espazo. Nesa casa era moi raro que alguén cociñase algo, e de ser así, ela era a persoa encargada e non lle facía falta que ninguén estivese ao seu redor a ver que estaba facendo ou que deixaba de. Eu así pena que sería se a casa non estivese sempre baleira.
- Naila, teño que falar contigo. E tráeme algo de comer! – a voz do pai, provinte do comedor, resoou polo pequeno lugar.
Naila colleu un prato de comida que xa tiña preparado para cando chegase seu pai e dirixiuse ao comedor. Este xa estaba sentado na cabeceira da mesa, na man esquerda xa tiña o garfo e na dereita o coitelo preparado para comer. Ela deixoulle o prato de comida diante e sentouse na cadeira situada a sinistra do seu pai, sabendo que ían ter a mesma conversa de todas as noites dende hai case 15 anos.
- Dime, que fixeches hoxe a tarde? E lémbrate que non podes mentir, que iso é pecado- solta unha gran risada que lle sae dende o máis fondo do seu ser. Naila pensa na chea de veces que seu pai conta ese chiste e pregúntase onde lle ve a graza, máis ben, se algunha vez a tivo. Sen embargo, por compromiso, esboza un leve sorriso onde uns dentes perfectamente brancos a rectos se amosan entre os seus beizos carnosos e rosados.
- Fixen o de sempre, adestrar toda a fodida tarde. Non fago outra cousa nos meus días, soamente adestro e adestro ate que xa non podo máis. E aínda que estea ao límite das miñas forzas aínda sego porque sei que debo estar preparada para que non suceda o da última vez...
O pai non di nada, soamente a observa en silencio mentres limpa por completo o prato de comida que ten diante. Ao rematar, érguese da cadeira e diríxese cara a porta que conduce ao patio traseiro sen dicir palabra. Naila xa sabe que significa iso e decide seguilo en silencio. O patio non é nada máis que un chan de rocha completamente deserto.
- Achégate filla miña, vasme demostrar canto estiveches adestrando estes días. Quero comprobar cos meus propios ollos canto de preparada estás para cando volva ocorrer o inevitable. Non me decepciones.
Dito iso, diríxese cara o fondo do patio e estende as súas ás. Mentres, Naila simplemente o observa en silencio, sabendo que o seu pai vai sacar o seu máximo potencial e que non terá ningún reparo en facerlle dano a pesar de que ela sexa a súa filla. Tanto era así, que nin tan sequera lle deu tempo a abrir as súas ás cando xa tivo que esquivar o primeiro golpe, un raio que seu pai acaba de lanzar das súas mans.
Sen moito tempo de reaccionar, pois o seu pai non cesaba nos seus ataques, correu ate a esquina esquerda da parede que tiña detrás para coller o seu tridente. Ela aínda non sabía canalizar moi ben o seu poder sen empregar un obxecto como intermediario.
- Non! Iso déixao onde estaba!- ordénalle o seu pai.- A última vez perdiches porque cho quitaron das mans e sentícheste sobreposta pola situación e non soubeches reaccionar. Esperaba que estiveses adestrando a non empregar armas, senón foi así, todo ese tempo non serviu para nada.
Ela asente e deixa o tridente onde o acababa de coller. Da unha patada no chan e ascende ate a altura na que se atopa o seu pai, lista para demostrarlle que si que adestrou para non precisar de ningún obxecto. Sen embargo, cando ía lanzar o seu primeiro ataque este saíu disparado cara unha dirección completamente diferente a que tiña previsto, e moi lonxe do seu obxectivo.
- Vamos! Tómate isto es serio. Conque fagas este tipo de lanzamentos na batalla aínda lle darás a un dos nosos. Case desexaría que foses do equipo contrario para que acertaras no inimigo. – Solta outra risada ante a súa gran ocorrencia.
Naila aproveita esta distracción por parte do seu pai, e grazas a rabia que lle producían as verbas deste lanzou outro raio e este pasoulle rozando a perna dereita. A risada parou en seco e converteuse nun sorriso de medio lado acompañado dunha mirada penetrante dos seus ollos vermellos. Sen que a esta lle dea tempo de reaccionar lanzoulle un raio que lle impactou de pleno no peito e que a deixou tirada no chan. Despois, decidiu pousarse suavemente no chan e dirixiuse xunto a ela.
- Aínda che queda moito que practicar. A rabia é unha maneira para sacar o noso potencial interior pero, pensa nisto, o teu inimigo é un ser de luz e non te che dirá cousas que te molesten para que saques o teu máximo potencial. Busca outra maneira para que che ferva o sangue e poidas lanzar ataques máis potentes e máis seguros, así xa verás como non volves errar no teu obxectivo. Agora, vai durmir que mañá será un día moi especial para ti.
Non espera que a súa filla lle responda, simplemente se volve meter na casa e desaparece tras a porta da habitación. Naila segue alí tendida, cunha man no peito, onde o seu pai a golpeou sen pensalo dúas veces. Sen embargo, a dor case non a sentía xa que o seu este se lembrara por primeira vez na súa vida do seu aniversario.
YOU ARE READING
Ás infernais
RomanceQue poden ter en común un demo e un anxo? Pois moito máis do que eles poden pensar. O día so seu vixésimo terceiro aniversario, a Naila e a Haziel, asignaráselle unha misión que provocará que as súas vidas se entrelacen como nunca pensaran. Serán un...