N O C T E M

2 0 0
                                    

Revolotéanme paxaros na cabeza coméndome os miolos. Pensamentos enfurruñados e mesmamente truncados, que aos poucos, remendados, van rexurdindo das penumbras de novo, coma unha ave fénix da alma. Caen folerpas de neve e folerpas de medo, ambas conducidas cara o chan pola forza da gravidade. Moléculas diminutas e frías que se mesturan entre o lume e as plumas no seu paso.


❄🌑

Faise máis noite. Noite pecha. A escuridade faise efimeramente completa. Os tímpanos estremécense ao escoitar a nada, o baleiro. E aparece o vento acompañado de silbidos arrepiantes que se acercan e se alonxan, facendo que ata as mesmas estrelas enmiúden e se apaguen. Voltan de novo as cinzas dos antigos medos a estremecerse entre as nubes rebosantes de po. A propia inseguridade cégame, pero entre a escuridade ollo como as siluetas da felicidade se moven ao fondo, búrlanse, mófanse. Bailan. Sombras que, aos poucos, se fan tenues, se achegan, e me abruman. As cores ocres de súpeto resplandecen timidamente ata que unha gran luz branca racha cos grises. E volve a lúa a porse no seu máximo esplendor.

🌕

(...) E a lúa mingúa paseniño. Dende a fase máis chea, acada a máis pequena, ata rematar sendo unha delgada liña. Unha delgada liña como a que separa a cordura da loucura. Ás veces nótoa entre os dedos dos pés, facéndome dano. E acordo; estou camiñando sobre ella. Esa estreita liña que dirixe todos os meus pasos e sen querelo, me determina. Ante todo, espero non perder o equilibrio.

🌙

Aos poucos volve a medrar e a encher os buracos sen luz de claridade, esperanza e paciencia. Os nubarróns disípanse; anque non completamente, si o suficiente como que o resplandor da lúa calme os meus adentros. E volve a estar completa, e a completarme. De novo o gris convértese nun cálido e único branco colorido. O sentimento interno acouga. As feridas amainan. A luz todo o enche, todo o desborda; só podo ver e sentir luz, case cegadora, pero satisfactoria. Da nada saen palabras susurradas entre silencios rotos, beizos agarimosos que desprenden unha tranquilidade inmediata. A calma necesitada. É mesmamente unha "terapia".

🌓

Mais as fases proseguen os seus cambios, e o todo ata agora acadado, de súpeto, volve minguar. De novo a desesperanza recobre os meus folgos, ata que desisto e perezo na total escuridade. Pequenos lucecús semellan querer iluminar a miña estancia dentro desa cova imperceptible, mais a súa luz propia non é suficiente para min. Dende a inconsciencia fágome dona dunha porcentaxe do meu durmido subconsciente e abro os ollos podendo ver como de novo o ceo se mofa de min.

☁️🌘

(...) Subitamente unha forza inesperada tira por min e levántame do chan. Sinto o tacto na miña man e a calor fai que reviva interiormente. Coma un suspiro, collo aire e sóltoo, deixando un bafo efímero no ambiente. O frío tórnase en morno, e o negro en gris. Tremendo, o nó da garganta desátase. A historia repítese, outra vez. Collo as forzas necesarias para volver a escalar unha vez máis, e comprendo que cada vez que caio e volto aos peldaños anteriores, adianto un máis. E a luz vólveo inundar todo. Alumea. Todo. Coloréome; coloréame. Renazo por dentro, florezo. Como as flores que na noite se pechan e no día se abren, eu comprendo que posiblemente a min me suceda o mesmo, relativamente.

Ante a escuridade inminente agóchome entre os meus pétalos, e apértome para non sentir, agardando de novo a luminosidade que preciso para seguir adiante. E cando a lúa reaparece entre a soidade e me aloumiña con toda a súa perfección, emerxo do meu casulo, dispoñéndome á súa vontade, e gozando da súa maximidade e omnipotencia.

🌺🌔

(...) Pequenas estreliñas se reflexan na auga. Cada unha delas crea un soño dentro de min. Cada unha que se apaga, un baleiro. Cada unha que se encende, xera unha nova oportunidade. Pero o ceo xa non é negro. Nin é gris. É un ceo completamente alumeado. Cheo de cores.

🌈✨

Has llegado al final de las partes publicadas.

⏰ Última actualización: Feb 16 ⏰

¡Añade esta historia a tu biblioteca para recibir notificaciones sobre nuevas partes!

N O C T E MDonde viven las historias. Descúbrelo ahora