Novo Mundo

14 1 0
                                    

A miña nai berraba dende a cociña. Xa eran as tres da tarde e tiña a miña maleta sen facer. Empezei a gardar a pouca ropa que quedaba no armario. Collin os dous últimos libros que lin, as miñas figuras de acción e baixei á cociña. O meu pai xa marchou hacia Belaponte, a nova cidade onde íamos vir. Atopei a miña nai colocando as súas maletas na porta.

-Axel, fixeches a túa maleta? Preguntoume a miña nai. -Si Teresa, deixeina arriba. Contesteille mentres collia unha manzá do fruteiro. -Entón a que esperas? Baixá agora mesmo que xa chamei ao taxi. Corrin ata a meu cuarto e dinlle un útimo adeus mentre baixaba polas escaleiras. Por desgraza, temos que mudarnos a outra cidade por culpa do traballo do meu pai, que lle obriga a ter que mudarse a unha cidade moi lonxe. Belaponte é unha cidade grande que esta cerca do mar. O meu pai é un aficionado á pesca e dende pequeño sempre levame a pescar ao rio. O taxista era unha persóa duns 45 anos. Era un home forte e cun frondoso bigote. Vestía cunha camisa de cuadros e uns pantalons vaqueiros. Axudounos a meter as maletas dentro do maleteiro e mirou para a nosa casa.

-É unha pena que deixedes unha casa tan bonita coma esta, é moi grande, espaciosa e ten un xardín  verde e cunhas flores de cores moi vivas. O taxista quedou mirando a nosa casa ata que a miña nai respondeulle: -Esta casa perteneceu ao meu pai, el mais o meu avó levantarona. -Que pensas facer coa casa, vendela? Preguntou o home. -Non, penso pasarlle a escritura da casa ao meu irman, que vive nun pequeño apartamento en Madrid e farialle ilusión vir aquí. Explicoulle a miña nai.

Entramos no coche e deixamos a nosa casa atrás. Fiquei unha ollada pola ventá e observei calado o mar. Hoxe facía moito vento e o mar estaba embravecido. O viaxe durou tres horas. Para pasar o rato, o taxista contounos a súa vida. El vive nunha pequeña aldea coa súa muller e a súa filla. É un pobo pequeño que só ten unha pequeña tenda e un bar. Nesa aldea a xente vivía do campo, pero algún deles marchou ás grandes cidades coa esperanza de obter un bo emprego.

Cando chegamos a Belaponte o meu pai estaba esperando na porta da casa nova. Corrin hacia el e dille un bico nas meixelas. Axudounos a levar as malestas e despediuse do taxista. Cando o meu pai abriu a porta quedei de pedra. A casa era moito mais grande que a antiga e era moi cálida.

Umbral do medoDonde viven las historias. Descúbrelo ahora