Tentar esquecer sensacións. Sensacións intensas. Vivas. Tan vivas que consumen. Pensar mil e unha veces en como vas morrer. Darte de conta de que acabará matándote, é o que levas dentro. Tan preocupados polo que os demáis poidan facernos, que nin nos fixamos no que nos mesmos nos facemos. Oprimirnos máis a nós mesmos, máis do que xa o fai o mundo. Ter esperanzas dalgunha aclaración, e descubrir que estas limpando cun pau de cravos. Cravos que fan dano, que non limpan. Cravos que se cravan. Pensar que a felicidade pode chegar. O mundo cae sobre ti, cando ti deberias comer o mundo. Promesas. Palabrería. Inxustizas. Perdoar e non esquecer. Vivir unha masacre. Os sentimentos maltratan o corazón. E acaba ferido. Tan ferido que xa non sabe de que xeito latexar. As veces dubida se facelo. Estar pra todos. E despois estar só. Botar mans. Recibir paus. Golpes. Pedir que che vixíen a espalda, é entregar un puñal. Cravaranno sen compasión. Todo o que ti fixeches está ben. Era no sei beneficio. Pero eles non van ter beneficios pra ti. Man de obra barata. Acaba costando caro. Quizáis bastante.