Tanto en tan pouco, a intensidade reside nas pequenas cousas, e eu o lembro cada mañá. Erguerme, sen ter un obxectivo fixo no dia, sixelamente vivir, vivir por vivir. Recordos que fan que me afunda dentro de min mesmo, un bucle que só eu podo rematar, e non sei nin sequera como afrontalo. Saír á rúa, inmerso nos teus pensamentos, cunha música que o único que fai e que te sintas peor. Estar perdido, non poder compartir o que sintes con ninguén, nin con aqueles poucos nos que podes confiar, ocultar os sentimentos tras un falso sorriso, que xa levas na cara por estética. Non sentir a felicidade. Non atopar nada que libere esa sensación que devora por dentro, e finalmente, caer rendido. Tentar saír á superficie a respirar, e que unha onda volva afundirte, e así unha tras outra, pero nunha praia na que a marea nunca cesa.
¡Ay! Esta imagen no sigue nuestras pautas de contenido. Para continuar la publicación, intente quitarla o subir otra.