Ola, son alguén e négome.
Négome a amoldarme, a ser o neno que todos queren e desexan. Négome a seguir as normas irracionais dunha sociedade con dobre moral.Unha sociedade que se lava a cara con "buenas causas de beneficiencia" e moitos e inservibeís gústame. Unha sociedade que rexeita ao diferente e que aplasta todo aquelo que non dé outra cousa máis aló da pecunia e da economía.
Négome a seguir os ditados daqueles que morrerán na merda do seu propio odio, os que só queren facerme caer e deixarme (e deixarnos) na mediocridade.
Négome a vivir unha vida nunha masa amorfa, mediocre e podrecente que non quere saír da comodidade. Unha masa que controla á sociedade e que non busca sacar o mellor de nós. Sí, son deses inocentes que cren nunha humanidade culta e xusta. Négome a pertencer ás masas de Ortega y Gasset.
Négome a ser moeda de cambio e un simple e chán número nos grandilocuentes cálculos e cábalas dunha empresa multinacional ou dunha institución. Négome a ser definido por un número
Négome a ser un monicreque da publicidade, dos medios de comunicación e dos políticos. Eu fago política.
-A politica deixémoslla ós políticos...
-Total, só dirixen as canles da nosa sociedade e da nosa vida na comunidade.
Négome a ser monicreque deles e de eu mesmo, son moi volátil como xa podedes ver
Négome a ocultar a miña identidade por quedar ben, non molestar ou non querer remover conciencias. Ó carallo coas súas conciencias, ben fago en removelas e facerlles pensar un pouco. Eu durmo ben polas noites, e non todos poden dicir o mesmo
Négome a quedarme de brazos cruzados cando vexo inxustizas, cando hai que pórse a traballar polo ben da comunidade ou cando fai falta unha motivación para TODOS NÓS: Nosoutros e vosoutros, todos.
Négome.
A moitas cousas.
Pero sobre todo, négome a dúas cousas: Négome a non ser eu mesmo e a non procurar o máis mínimo raio de ledicia, aínda que estea só. Non sería a primeira vez.
E por iso mesmo quero.
Quero traballar por facerme unha persona excelente, que dé beneficio á súa comunidade e que sexa alguén que devolva e desenvolva todas as ferramentas que a sociedade pon ó meu dispor.
Quero defender os meus intereses pero sen pasar por encima de ninguén, aínda que sen dixarme asoballar. Non son o sparring de ninguén nin pretendo facer de ninguén o meu saco de boxeo persoal
Quero disfrutar ó completo da miña identidade, e ó que non lle guste xa pode ir mirando para o chán ou para onde lle pete. Non vou de deixar de ser quen son por rirlle as bromas e brincadeiras a algún tolete, como se di na miña terra.
Quero axudar e te-lo dereito de ser axudado cando me fixera falta. De que sirve facer moitas fotomontaxes e pór frases bonitas se despóis na hora da verdade non fas nada e quedas mirando á paisaxe coma un paspán?
Quero ser unha PERSOA ante todo, alguén único, persoal e intransferible que sexa beneficioso pasa si mesmo e para a súa sociedade, con tódolos meus defectos e as miñas virtudes.
E ó que non lle guste, as queixas á casa do mestre armeiro. A ver se lle abre a porta...
ESTÁS LEYENDO
Négome
Spiritual#WattpadEnGalego Benvido a unha explosión de mala hostia e de xuventude, unha enfermidade que espero non curar endexamáis. Entra e comparte as túas opinións. Isto é un foro aberto