A miña cabeza dando máis voltas ca un tornado, un tornado de almas e sombras, mesturadas. Sen diferenciar arriba de abaixo. Fas que me perda nos meus propios pensamentos. Divagando, eu só, a escuras. Luces alonxadas que sempre están ahí tentan calmar a miña ánima, pero non é posible. Un terremoto recorre o meu corpo de arriba a abaixo, con epicentro cardíaco, con maremotos de sangue, sangue que perdo a cada letra que escribo. A confusión dun golpe non esperado. Só vexo nubrado. Néboa que se forma das miñas bágoas estremece o meu corpo e cala ata os meus ósos. Enfriándo aínda máis o xeo que tiña dentro. Sub cero. Mente, corpo e alma. Todo en un, pero en anacos. Materia inerte, que dará vida a unha planta velenosa. Tan mortal como fría, pois vivirá a base de escuridade. Asumindo que o Sol non sempre resplandece, e cando o fai, nunca é para sempre.