Furacán de Bágoas e Lembranzas Esquecidas

26 3 0
                                    

Serán as ondas do mar que retumban nos meus oídos as únicas que me cegan un pouco de todo o que hai detrás. Esconder cal neno pequeno os pés na área e deixar que me colla a auga, algunha alga tímida pasea pola escuma das pequenas ondas que veñen romper os meus pés. Unha abella confundida diríxese cara ó mar, andara a busca do fin de algo. Cantarlle ó mar, arrouparme nel, e a miña maior alegoría. Un vaivén, entre a merda que me botan os humanos e a pulcritude coa que fun creado. Coma él, para albergar vida. Propósitos xamáis cumpridos, primero foron a por min, e xa ma quitaron, e agora pouco a pouco estanno matando a el. Son destructivo, conmigo mesmo, creo que o resto comezou a tarea, pero eu rematei as ruinas. Escapan do meu entendemento. Quero agarrar as estelas que quedan na auga, que se transforme nunha aurora boreal. Xa non son capaz de pintar a miña cabeza para dar importancia as miñas liñas. Non podo falar de campos floridos, de andoriñas que viaxan... Só podo conformarme con seguir soñando con teu sorriso e co día que poida volver a bicalo. Non podo saír das catro paredes que teño por director da sonata que puxo principio as flores, e a mesma que as está facendo arder nun inferno frío. Só vexo límites, diante de min a Terra acaba, pero non quero que ó mar sexa o final, quero navegar o meu mar, non navegalo, que me leve como viñen, durmido e sen facer nada. Se continuo a ser dono dos meus actos e pensamentos estou destinado ao exilio emocional, liberarei o meu corpo para que o aproveite o vento, que o leve a voar, porque una alma tan pesada non pode facelo cun corpo, e o corpo son reflexos do que debería ser nunca do que foi. Que o leve o vento e me deixe quedar aquí, escribindo na area esas palabras que sempre quixen que leras, e que nunca farás. Vendo como marcha a miña prisión levada polo vento, e se perde no horizonte. E eu, soamente son esa liña inexistente na que a área convírtese en agua, e a auga en area.

 E eu, soamente son esa liña inexistente na que a área convírtese en agua, e a auga en area

Oops! This image does not follow our content guidelines. To continue publishing, please remove it or upload a different image.
Versos do ProfundoWhere stories live. Discover now