Capítulo 1

140 5 0
                                    

Todas as familias nobres e principais abandeirados do reinado dos Breogán atopábanse reunidos na catedral de Maza de prata. Íase celebrar a voda de Braudo Breogán. Fillo do defunto rei Hadrao Breogán. Primeiro do seu nome. Señor de Maza de prata. Rei do antigo reino de Garea.

            Os tratados foran levados a cabo satisfactoriamente para as dúas familias e finalmente Braudo casaría coa bela e tímida Iria Froilaz. Ela pertencía a unha das familias máis poderosas de entre todos os vasalos dos Breogán e de toda Garea: os Froilaz.

            O rei atopábase no altar, vestido cunhas roupas de seda grisácea e con bordados dourados. Na súa cintura colgaba Kolstatt, a espada do rei. Esta fora forxada en aceiro celta, distinguíase pola súa cor gris moi escura, onde se apreciaban as distintas marcas e relieves dos numerosos pregues do aceiro. En zonas dábanlle unha textura rugosa como se fose a corteza dunha árbore. Era unha espada longa. Co fío levemente curvo. Alí onde posuía o fío, era de un gris máis claro e brillante que o resto da súa composición. Na súa empuñadura destacaba a cabeza de un fero dragón e por coiro trenzado. Dita espada agora portábaa Braudo, xa que pertencía ó reinado dos Breogán e esta fora cedida xeración tras xeración polos seus antergos.

            A súa coroa prateada de mazas entrelazadas repousaba na súa cabeza, fría pero ben axustada. Ollaba a entrada expectante, pero apenas se lle denotaba un mínimo nerviosismo. Posuía unha mirada demasiado lánguida, xa de nacemento, co que daba a impresión de estar demasiado tranquilo. Tanto, que ás veces asemellaba que lle ía entrar o sono ou se quedaría durmido de pé. A súa cara estaba completamente afeitada e posuía un curto cabelo moreno no que lle comezaban a saír unhas canas nas patillas.

As gaitas refulxían e soaban inundando cada recuncho da catedral e arredores con sons de distintas tonalidades. Os bombos e tambores tamén  acompañaron os instrumentos de vento, pero cun son máis suave e sen desfornecelas. A percusión asemellaba a tronos que daban paso a unha inxente choiva, coa diferencia de que ese día o ceo estaba completamente despexado, agás algunha que outra nube que tamén asistira á ceremonia. Esa mestura de sons, poñerían a pel de galiña ó máis frío dos presentes e faría correr ríos de bágoas ó mais brando. E a verdade era así, varias persoas das que presenciaban a ceremonia ollaban entre choros o casamento. Se Sabela Breogán estivese nese intre entre os convidados, sería a primeira en chorar de emoción polo casamento do seu fillo, polo casamento do seu rei. Pero a súa asistencia non fora posible. Dende xa facía moito tempo, máis exactamente dende a morte do seu marido e defunto rei Hadrao Breogán, a súa mente e saúde fórase deteriorando lenta pero constantemente, ata tal extremo que era aconsellable que non saíse dos seus aposentos. Fora unha perda para ela insustituible á que non puido facer fronte. A súa mente buscou a saída máis sinxela e menos dolorosa: a loucura.

            Da familia de Braudo que se atopaban presentes e que vivían en maza de prata, eran seu irmán, Roi Breogán e seu tío, Xenxo Breogán. Eles observaban o casamento dende os asentos máis achegados ó altar. Non moi lonxe de dito asento, atopábase Dauti Codasal, irmán de Sabela e tío de Braudo e Roi. Ía acompañado da súa muller Aloia e o seu fillo, o pequeno Ivo.

            Braudo viu como Xareo Froilaz levaba e encamiñaba á súa filla Iria agarrándoa da man.

            «Ata nun día tan especial coma hoxe e nin nervioso te mostras. Irmán... polo menos podías dar algún sino de algo... poderías parecer nervioso, preocupado... pero nada... estás aí coa túa mirada cansa e distraída como de costume. Non me estraña que non te tomen en serio... Pffff —bufou él— rei sen sangue... a xente fala de máis. A algún non lle viña mal probar uns latigazos... Sempre bondadoso, pero sempre xusto. Coas malas linguas que desprestixian á familia, hai que ser xusto... pero a verdade é que tampouco lles faltan razón...» —Pensou o irmán do rei, Roi.

You've reached the end of published parts.

⏰ Last updated: Sep 06, 2014 ⏰

Add this story to your Library to get notified about new parts!

A Maxia da Morte: Legado dos antergos.Where stories live. Discover now