I

76 8 0
                                    

Es a miña droga, e enganchéime a tí.

Que non sei como berralo máis alto, que non logro sacalo do meu interior.

Non sei que facer se non estás. Xa non estás. E eu...tampouco estou.

Limítome a esperar. Espero a que volvas, aínda que sei que iso non acontecerá. Espero á morte, que é o único seguro que teño. Espero a que a miña vida se remate, fugaz como un raio, porque eu xa non pinto nada nela. Síntome unha impostora, decepciónome cada vez máis, polo simple feito de que non me corresponde a min respirar,que xa non teño ningún motivo polo que erguerme cada mañá, e tampouco teño para durmirme polas noites.

Están os coñecidos, os vellos amigos da escola, eses que antes eramos inseparables...esos que só te recordan para felicitarte no teu aniversario e enviarche unha postal en nadal. Iso non son amigos. Agora o meu único amigo é o vento invernal, que atrae cara ao meu á fría, soa e amarga soidade. O único que me acompañará no traxecto da miña vida, quero chegar á meta xa! Esta agonizante espera á preciosa morte, é eterna. E eu, que só vexo asomar a súa afiadas poutas, estou desexando mexerme nos seus mortíferos e destrutivos brazos, á espera dunha amarga aperta final, e que remate xa esta pantomima surrealista,que é a miña vida.

Appetite for destructionDonde viven las historias. Descúbrelo ahora