Lista de lectura de treboada_
2 cerita
Manuel Curros Enríquez (Escolma da BVG) oleh bdoramas
Manuel Curros Enríquez (Escolma da BVG)
bdoramas
  • Membaca 104
  • Suara 0
  • Bagian 2
#WattpadEnGalego Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova, en 1851. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade en que se fixo bacharel e comezou a carreira de Dereito. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a todos os homes. A súa relación neste período coa lingua e a cultura galega era simplemente afectiva, de feito compuxo "A Virxe d'o Cristal", "O gueiteiro" e "Unha boda en Einibó" para as presentar a un concurso. Nesta etapa ourensá, o noso poeta poderá aplicar á realidade galega a súa ideoloxía progresista, e este confronto aproximará Curros aos rexionalistas. Aquí compuxo o seu poemario Aires d'a miña terra, que saía do prelo en 1880 e alcanzou inmediatamente un enorme éxito, acrecentado pola denuncia do bispo de Ourense. Curros foi xulgado e absolto. En 1883, Curros volveu instalarse en Madrid. Alí traballou como xornalista, primeiro en El Porvenir e despois en El País, ao tempo que preparaba O divino sainete, que saiu do prelo en 1888. A crítica española recibiu este novo libro con eloxios, mais os amigos rexionalistas de Galiza cubriron a publicación cun veo de silencio. En 1894 Curros emigrou a Cuba. Alí dirixiu La Tierra Gallega e, cando esta publicación desapareceu, entrou na redacción de El Diario de las Familias, e despois no Diario de la Marina. A clareza e enerxía con que defendía o seu ideario, a súa rebeldía, creáranlle problemas ao longo de toda a súa vida, e a situación volveu repetirse na emigración cubana: fora acollido con entusiasmo e acabou enfrontado con case todo. En 1904 volvía á Coruña, quizá coa intención de ficar. Foi recibido de novo con mostras de entusiasmo, coroado por segunda vez, mais non se lle deron facilidades, nin en Madrid, nin en Galiza, para establecerse. Regresou a Cuba, onde
Rosalía de Castro (Escolma da BVG) oleh bdoramas
Rosalía de Castro (Escolma da BVG)
bdoramas
  • Membaca 224
  • Suara 9
  • Bagian 3
#WattpadEnGalego Rosalía de Castro é a figura máis importante do Rexurdimento. Naceu en Santiago de Compostela, en 1837. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai. Asistía con regularidade ao Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As correntes ideolóxicas, que permanecerán sempre na obra de Rosalía, eran o socialismo utópico e o republicanismo democrático. Marcha a Madrid, en 1856, onde casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras en castelán. A década dos 60 foi un período de grande efervescencia intelectual e política. Rosalía e Murguía formaban parte desa corrente que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida, que soñaba con ideais do socialismo utópico. Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos en 1863. Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela e outras en Galiza, onde ficará definitivamente na década dos 70. Mais o fracaso da Revolución do 68 e a Restauración Borbónica acabaron coa esperanza no futuro. Á ilusión seguiu o desengano. As consecuencias pagounas Rosalía, pois ficou sen posibilidades de colaborar na prensa galega. Tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia. O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara unha importantísima obra en español, poética e narrativa, que aínda non está suficientemente valorada. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval.