Poesía galega
7 stories
Haikus da terra by manuvillamisar
manuvillamisar
  • WpView
    Reads 38
  • WpVote
    Votes 8
  • WpPart
    Parts 1
Presentovos un novo traballo, cun marcado carácter poético, centrado nos Haikus, poesía Xaponesa ainda que en Galego.
Os versos escuros by Incertidume
Incertidume
  • WpView
    Reads 64
  • WpVote
    Votes 6
  • WpPart
    Parts 3
Versos que saen dos meus adentros, cheos de sentimentos, sentimentos que atraparon todo o que eu conlevo, que se apoderaron dos meus pensamentos e me levaron ao abismo da eterna tristura.
Ramón Cabanillas (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 255
  • WpVote
    Votes 0
  • WpPart
    Parts 7
Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Cambados, Pontevedra no ano 1876. Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915. Na Habana publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). De volta á Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu a loita agrarista. Colaborou asiduamente en A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Axiña partillou as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza. Así, en Da terra asoballada (1926) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu conscienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Vilar Ponte, a peza dramática A man de Santiña (1921). En colaboración con el comporía en 1926 a traxedia histórica O mariscal. Tamén en 1921 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista en 1927 no poemario amoroso A rosa de cen follas. En 1920 foi elixido membro da RAG e en 1929 faría o propio na RAE. Instalado en Madrid desde a súa incorporación a esta institución, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. Comeza entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958). Faleceu en Cambados en 1959. Cabanillas conduciu a nosa poesía cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega, a pesar de se presentar tan diversa que fai difícil a adscrición do escritor a unha c
POESÍA EN GALEGO by nnnevertoolate
nnnevertoolate
  • WpView
    Reads 256
  • WpVote
    Votes 24
  • WpPart
    Parts 4
Recopilación de poesías independentes.
Vestida de versos by SkullsQueen
SkullsQueen
  • WpView
    Reads 237
  • WpVote
    Votes 28
  • WpPart
    Parts 2
Grazas por pasaros polo meu perfil, moi ben, se ti non eres gallego debes estar con esta cara "Pero que estará esta muller a decir?" o libro ou poemario vai estar en galego, se hai algun galego por aquí que non vaia pasarse polo libro, eu avisoche, Rosalia de Castro non vai perdonarcho.
Inspírame, Galiza by lukhray
lukhray
  • WpView
    Reads 96
  • WpVote
    Votes 11
  • WpPart
    Parts 2
Non fai moito, dinme conta do que a poesía, sobre todo en galego, pode chegar a transmitir a tódalas persoas que sinten o noso idioma e tamén, a todas aquelas que non se pechan a descubrir novos mundos culturais. Daquela, propúxenme comezar a publicar as miñas poesías nesta plataforma, por distintos motivos persoais. Son poemas "informais" que calquera podería escribir, mais eu plasmo nesta "folla"; co único propósito de patrocinar a miña lingua e facela valer máis aló das nosas fronteiras ou que, polo menos, non se perda.
Eduardo Pondal (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 121
  • WpVote
    Votes 2
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Eduardo Pondal naceu en 1835 na Ponteceso, comarca de Bergantiños. En 1848 instalouse en Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. No compostelán Liceo de la Juventud coñecerá a Rosalía, Murguía e Rodríguez Seoane, con quen partillará inquedanzas culturais. No transcurso do Banquete de Conxo (1856), un encontro confraternizador entre artesáns e estudantes, Pondal daríase a coñecer coa lectura dun poema en español titulado "Brindis". No 1860 saiu á luz no Álbum de la Caridad "A campana de Anllóns", o seu primeiro poema en galego. Instalado desde 1861 na súa vila natal e na Coruña, Pondal contactou co hipotético pasado celta da Galiza na tertulia "Cova Céltica". Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega. No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos, conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica. No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publica