#WattpadEnGalego.
34 stories
Padre Sarmiento (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 18
  • WpVote
    Votes 0
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Frei Martín Sarmiento naceu no ano 1695 en Vilafranca do Bierzo e, con a penas catro meses, foi trasladado coa familia a Pontevedra, onde transcorreu toda a súa infancia. En 1711, un ano despois do seu ingreso no convento. Estudou Artes no Colexio de Hirache e, desde 1716, Teoloxía no Colexio de San Vicente de Salamanca. Na universidade salmantina trocará o seu nome polo de Martín Sarmiento. En 1725, tras unha curta estancia en Pontevedra para visitar a nai, Sarmiento retornou a Madrid, onde se estableceu definitivamente. Desde a súa viaxe en 1745 a Galiza, á que voltou en 1754, a cultura e a lingua galegas convertéronse no principal centro de interese do ilustrado. De avanzadas ideas a respecto do romance galego, Sarmiento foi unha das primeiras voces en reivindicar a capacidade do galego para se instalar en todos os campos. Considerado precursor da moderna filoloxía románica, o núcleo fundamental dos escritos de Sarmiento pertence ao terreo lexicográfico. Con este fin, dará forma a un extensísimo conxunto de coplas (por volta de mil duascentas) coñecido como Coloquio de 24 gallegos rústicos ou Diálogo de 24 rústicos, escrito baixo o seudónimo de "O Poeta Marcos da Portela". Debemos tamén ao relixioso berciano a primeira noticia documentada da literatura medieval e as primeiras pesquisas sobre o nacemento da lingua galega. Co Padre Sobreira preocupouse, ademais, por atender á produción lírica popular do país. Sarmiento faleceu no ano 1772, sen ver publicada ningunha das súas numerosas obras.
Antonio Noriega Varela (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 104
  • WpVote
    Votes 2
  • WpPart
    Parts 2
#WattpadEnGalego En 1869 Antonio Noriega Varela veu ao mundo en Mondoñedo.Ingresou con catorce anos no Seminario, onde se fixo popular gracias ao seu carácter festeiro e satírico. Alí adquiriu formación clásica. Os tres anos que viviu desterrado nas terras arraianas provocáronlle un sentimento de desolación. O posterior traslado a Trasalba supúxolle a posibilidade de trabar novas relacións. A máis definitiva sería a de Otero Pedrayo, baixo cuxa protección coñeceu a Basilio Álvarez e entrou en contacto cos escritores portugueses. Neste tempo publicou o seu primeiro libro (Montañesas, de 1904), poemario costumista con fórmulas decimonónicas que logo serán abandonadas en favor dun lirismo "franciscanista" máis depurado. En 1920 o "poeta da montaña" deu ao prelo D'o Ermo, en cuxas sucesivas edicións (até 1946) foi incluíndo novos poemas. Con 57 anos obtivo un destino definitivo como mestre con plenos dereitos e regresou ás terras da súa xuventude. En Abadín, onde foi recibido con admiración, contou coa compañía do xoven poeta Iglesia Alvariño, co trato dos labregos e coas conversas cos compañeiros na etapa do Seminario. Foron anos de recoñecemento, en que o mindoniense foi elixido membro da Real Academia Galega e en que se lle tributaron numerosas homenaxes. En 1930 Noriega solicitou o traslado á mariña para fuxir dos rigores do clima. Nas proximidades de Viveiro discorreu a última etapa da súa vida docente, rodeado de admiradores e amigos. Coa sublevación militar, posicionouse en contra da República, incrementando a súa produción poética (agora en español). Tras a guerra (e de novo instalado na nosa lingua) chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo.
Uxío Novoneyra (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 117
  • WpVote
    Votes 1
  • WpPart
    Parts 6
#WattpadEnGalego Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999. Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas. Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega), sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe, pesquisando na materia lírica até conseguir o mellor resultado visual e -sobre todo- sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc).
Cantigas  de amigo (Johan de Cangas, Martin Codax, Meendinho) (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 396
  • WpVote
    Votes 9
  • WpPart
    Parts 4
A poesía galego-portuguesa ten unha máxima importancia na literatura galega. Por iso, amosámosvos algunhas cantigas de amigo, un xénero totalmente autóctono da Galicia medieval a través de Martin Codax, Meendinho e Johan de Cangas.
Aquilino Iglesia Alvariño (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 14
  • WpVote
    Votes 1
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Aquilino Iglesia Alvariño naceu no ano 1909 en Abadín. Entrou con catorce anos no Seminario de Mondoñedo, onde compuxo a súa primeira obra poética, Señardá (1930). Tras abandonar os estudos eclesiásticos, estableceuse en Vilagarcía de Arousa como profesor. Porén, Aquilino transladouse a Santiago para cursar Filosofía e Letras, carreira na que se licenciaría en 1944. Alí comezou a participar activamente na vida cultural do país. Así, exerceu como director de A Nosa Terra, fundou Renacencia e a seguir retomou a publicación lírica. O segundo libro, Corazón ao vento (1933), desligado do modernismo, entronca co franciscanismo do primeiro poemario e ábrese ás correntes vangardistas. Após a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando Cómaros verdes. Nestes anos a profesión docente levouno a mudar de cidade en varias ocasións. Porén, as súas ocupacións profesionais non impediron que desenvolvese unha intensa actividade noutros campos. Como lingüista especializouse no galego popular e redixiu monografías como A lengua dos poetas do Norte de Lugo, que foi o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1949, que só sería publicado quince anos despois. En 1952 retornou a Compostela, onde permanecería até a súa morte, e alí foi testemuña do abrollar da xeración literaria das Festas Minervais (mesmo colaborou, con diferentes artigos e traducións para o galego de textos grecolatinos, en La Noche). A madurez e personalidade do seu verso, que nunca chegou a abandonar certo eco imaxinista e neotrobadorista, manifestáronse claramente nas seguintes obras: De día a día (1960), Landa de soledá (1961) e Nenias (1961). Iglesia Alvariño, un dos protagonistas da escola paisaxista de Mondoñedo, faleceu en Compostela en 1961. Dous anos máis tarde publicouse, baixo o título de Leva o seu cantare, unha colección de poesías inéditas
Xosé Mª Díaz Castro (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 10
  • WpVote
    Votes 0
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega, ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas). En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos, editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra. O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país. Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela. Tras unha vida entregada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lug
Manuel Curros Enríquez (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 104
  • WpVote
    Votes 0
  • WpPart
    Parts 2
#WattpadEnGalego Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova, en 1851. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade en que se fixo bacharel e comezou a carreira de Dereito. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a todos os homes. A súa relación neste período coa lingua e a cultura galega era simplemente afectiva, de feito compuxo "A Virxe d'o Cristal", "O gueiteiro" e "Unha boda en Einibó" para as presentar a un concurso. Nesta etapa ourensá, o noso poeta poderá aplicar á realidade galega a súa ideoloxía progresista, e este confronto aproximará Curros aos rexionalistas. Aquí compuxo o seu poemario Aires d'a miña terra, que saía do prelo en 1880 e alcanzou inmediatamente un enorme éxito, acrecentado pola denuncia do bispo de Ourense. Curros foi xulgado e absolto. En 1883, Curros volveu instalarse en Madrid. Alí traballou como xornalista, primeiro en El Porvenir e despois en El País, ao tempo que preparaba O divino sainete, que saiu do prelo en 1888. A crítica española recibiu este novo libro con eloxios, mais os amigos rexionalistas de Galiza cubriron a publicación cun veo de silencio. En 1894 Curros emigrou a Cuba. Alí dirixiu La Tierra Gallega e, cando esta publicación desapareceu, entrou na redacción de El Diario de las Familias, e despois no Diario de la Marina. A clareza e enerxía con que defendía o seu ideario, a súa rebeldía, creáranlle problemas ao longo de toda a súa vida, e a situación volveu repetirse na emigración cubana: fora acollido con entusiasmo e acabou enfrontado con case todo. En 1904 volvía á Coruña, quizá coa intención de ficar. Foi recibido de novo con mostras de entusiasmo, coroado por segunda vez, mais non se lle deron facilidades, nin en Madrid, nin en Galiza, para establecerse. Regresou a Cuba, onde
Négome by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 61
  • WpVote
    Votes 12
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Benvido a unha explosión de mala hostia e de xuventude, unha enfermidade que espero non curar endexamáis. Entra e comparte as túas opinións. Isto é un foro aberto
Eduardo Pondal (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 121
  • WpVote
    Votes 2
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Eduardo Pondal naceu en 1835 na Ponteceso, comarca de Bergantiños. En 1848 instalouse en Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. No compostelán Liceo de la Juventud coñecerá a Rosalía, Murguía e Rodríguez Seoane, con quen partillará inquedanzas culturais. No transcurso do Banquete de Conxo (1856), un encontro confraternizador entre artesáns e estudantes, Pondal daríase a coñecer coa lectura dun poema en español titulado "Brindis". No 1860 saiu á luz no Álbum de la Caridad "A campana de Anllóns", o seu primeiro poema en galego. Instalado desde 1861 na súa vila natal e na Coruña, Pondal contactou co hipotético pasado celta da Galiza na tertulia "Cova Céltica". Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega. No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos, conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica. No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publica
+10 more
Un amor nos tileiros by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 58
  • WpVote
    Votes 10
  • WpPart
    Parts 2
Unha festa, un romance, un segredo. Nesta curtísima historia trato de inspirarme na canción "Dragostea din tei" para poder facer un relato curioso. Para vós, aquí o primeiro relato LGTBI no #WattpadEnGalego do que teño noticia. Comentade e dicídeme que vos parece.