Clásicos da literatura galega
7 stories
Ramón Cabanillas (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 255
  • WpVote
    Votes 0
  • WpPart
    Parts 7
Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Cambados, Pontevedra no ano 1876. Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915. Na Habana publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). De volta á Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu a loita agrarista. Colaborou asiduamente en A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Axiña partillou as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza. Así, en Da terra asoballada (1926) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu conscienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Vilar Ponte, a peza dramática A man de Santiña (1921). En colaboración con el comporía en 1926 a traxedia histórica O mariscal. Tamén en 1921 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista en 1927 no poemario amoroso A rosa de cen follas. En 1920 foi elixido membro da RAG e en 1929 faría o propio na RAE. Instalado en Madrid desde a súa incorporación a esta institución, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. Comeza entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958). Faleceu en Cambados en 1959. Cabanillas conduciu a nosa poesía cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega, a pesar de se presentar tan diversa que fai difícil a adscrición do escritor a unha c
Fermín Bouza Brey (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 78
  • WpVote
    Votes 2
  • WpPart
    Parts 2
#WattpadEnGalego Fermín Bouza Brey naceu en Ponteareas en 1901, mais a súa infancia transcorreu en Vilagarcía de Arousa. Cursou o Bacharelato en Pontevedra e Ourense e licenciouse na Universidade de Compostela en Filosofía (sección de Historia) e Dereito.Publicou o seu primeiro traballo poético Romance dos vinte anos en 1921. Os seus traballos de investigación viron a luz nas páxinas dos Arquivos do S. de EE. GG., no Boletín da RAG, na revista Nós ou no xornal A Nosa Terra. Unha vez licenciado en Dereito, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira, preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid. A este período pertence a novela curta Cabalgadas en Salnés (1925). O acceso á carreira xudicial en 1929 conduciuno a Lleida, mais axiña voltou a terras galegas para exercer de xuíz na Estrada, proseguindo co seu traballo no Seminario e na revista Nós. No ano 1933 saía do prelo Nao senlleira, primeiro poemario do denominado neotrobadorismo. Durante o conflito bélico de 1936 foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista, mais foi rehabilitado como xuíz xurídico-militar en Lleida, desde onde retornou á Estrada como xuíz de Primeira Instancia. Ingresou en 1941 na Real Academia Galega, un ano máis tarde na Real Academia da Historia, e continuou o seu labor historiográfico desde o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Foi cesado no seu cargo a principios dos cincuenta, polo que retomou a súa profesión de avogado en Compostela. Tras rescatar en 1953 o primeiro texto da nosa literatura dramática, A Contenda dos labradores de Caldelas... Entremés famoso, de Feixó de Araúxo, o escritor de Ponteareas publicou en Portugal un novo poemario: Seitura (1955) A partir de 1969 unha serie de doenzas encadenadas lévao de vagariño á morte, que lle chega en 1973.
Aquilino Iglesia Alvariño (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 15
  • WpVote
    Votes 1
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Aquilino Iglesia Alvariño naceu no ano 1909 en Abadín. Entrou con catorce anos no Seminario de Mondoñedo, onde compuxo a súa primeira obra poética, Señardá (1930). Tras abandonar os estudos eclesiásticos, estableceuse en Vilagarcía de Arousa como profesor. Porén, Aquilino transladouse a Santiago para cursar Filosofía e Letras, carreira na que se licenciaría en 1944. Alí comezou a participar activamente na vida cultural do país. Así, exerceu como director de A Nosa Terra, fundou Renacencia e a seguir retomou a publicación lírica. O segundo libro, Corazón ao vento (1933), desligado do modernismo, entronca co franciscanismo do primeiro poemario e ábrese ás correntes vangardistas. Após a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando Cómaros verdes. Nestes anos a profesión docente levouno a mudar de cidade en varias ocasións. Porén, as súas ocupacións profesionais non impediron que desenvolvese unha intensa actividade noutros campos. Como lingüista especializouse no galego popular e redixiu monografías como A lengua dos poetas do Norte de Lugo, que foi o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1949, que só sería publicado quince anos despois. En 1952 retornou a Compostela, onde permanecería até a súa morte, e alí foi testemuña do abrollar da xeración literaria das Festas Minervais (mesmo colaborou, con diferentes artigos e traducións para o galego de textos grecolatinos, en La Noche). A madurez e personalidade do seu verso, que nunca chegou a abandonar certo eco imaxinista e neotrobadorista, manifestáronse claramente nas seguintes obras: De día a día (1960), Landa de soledá (1961) e Nenias (1961). Iglesia Alvariño, un dos protagonistas da escola paisaxista de Mondoñedo, faleceu en Compostela en 1961. Dous anos máis tarde publicouse, baixo o título de Leva o seu cantare, unha colección de poesías inéditas
Ricardo Carvalho Calero (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 1,206
  • WpVote
    Votes 7
  • WpPart
    Parts 15
#WattpadEnGalego Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co S. de EE. GG. Carvalho integrouse no movimento nacionalista e no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos. O golpe militar sorprendeuno en Madrid. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía , o teatro e a narrativa. Membro da RAG desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.
Eduardo Pondal (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 121
  • WpVote
    Votes 2
  • WpPart
    Parts 1
#WattpadEnGalego Eduardo Pondal naceu en 1835 na Ponteceso, comarca de Bergantiños. En 1848 instalouse en Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. No compostelán Liceo de la Juventud coñecerá a Rosalía, Murguía e Rodríguez Seoane, con quen partillará inquedanzas culturais. No transcurso do Banquete de Conxo (1856), un encontro confraternizador entre artesáns e estudantes, Pondal daríase a coñecer coa lectura dun poema en español titulado "Brindis". No 1860 saiu á luz no Álbum de la Caridad "A campana de Anllóns", o seu primeiro poema en galego. Instalado desde 1861 na súa vila natal e na Coruña, Pondal contactou co hipotético pasado celta da Galiza na tertulia "Cova Céltica". Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega. No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos, conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica. No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publica
Luís Amado Carballo (Escolma da BVG) by bdoramas
bdoramas
  • WpView
    Reads 92
  • WpVote
    Votes 1
  • WpPart
    Parts 2
#WattpadEnGalego Luís Gustavo Amado Carballo figura, xunto con Manuel Antonio e Luís Pimentel, entre os protagonistas da renovación poética do primeiro tercio do século XX. Naceu no ano 1901 en Pontevedra, vila da que nunca se ausentaría por moito tempo e cuxa paisaxe de mariña interior é un referente continuo nos seus versos. Estudou o Bacharelato no Instituto do seu lugar natal e, tras cursar dous anos de Filosofía e Letras na universidade compostelá, regresou a Pontevedra para seguir a carreira de Maxisterio. Durante a súa curta vida, Amado Carballo exerceu como mestre de escola e xornalista, profesións que lle garantiron poder dedicarse sen preocupacións económicas á súa obra de creación. Co obxectivo de traballar como xornalista, Amado Carballo partiu para Madrid en 1920, onde colaborou no xornal La Tribuna, na revista España e noutras publicacións españolas e galegas. Mais decidiu voltar á súa cidade de orixe e, desde Pontevedra e Vigo, continuar a escribir para diferentes medios galegos (Progreso, La Concordia, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, Nós, Vida Gallega, etc.). A pesar de ser recordado fundamentalmente como poeta, o pontevedrés iniciou a súa andaina na literatura como narrador, coas novelas curtas Maliaxe (1922) e mais Os pobres de Deus (1925), e o conto Un milagre do santo San Francisco. En 1924, Amado Carballo contrae unha tuberculose pulmonar, o que o forza a abandonar o seu traballo xornalístico en Vigo e retornar a Pontevedra. A súa obra lírica comprende dous poemarios, Proel (1927) e mais O galo (1928). De todos os xeitos, foi un dos poetas que máis influíu nas xeracións posteriores. Está considerado como o creador da denominada escola imaxinista ou hilozoísta.
A ESMORGA by katherinelegend
katherinelegend
  • WpView
    Reads 2,496
  • WpVote
    Votes 39
  • WpPart
    Parts 6
Libro de Eduardo Blanco Amor. Idioma: Galego.