Sindyy 🦋
2 stories
Arderán as cinzas |Galego ❤| by sandra_fega
Arderán as cinzas |Galego ❤|
sandra_fega
  • Reads 751
  • Votes 110
  • Parts 22
Ela só quería ver a súa banda de música favorita. El só trataba de encaixar no que cría que era o seu lugar. Pero el padecía nudismo accidental e ela sempre se metía en problemas, así que era inevitable que acabasen no medio das intrigas de palacio e coa estabilidade do Imperio pendendo das súas mans. ⸙⸙⸙ Todas as olladas están pendentes da capital do Reino de Cinza, un dos tres reinos que conforman o Imperio do Fénix. E non é para menos: os príncipes dos tres reinos van manter alí unha xuntanza que podería garantir a paz... ou traer a guerra. Así e todo, o motivo que leva a Nika ata a capital, e polo que moitos agardan en segredo, é a inminente chegada do grupo musical A voz do amo. Por desgraza, coma sempre, Nika acaba metida en problemas. É así como as vidas dunha princesa solitaria, un cabaleiro perdido, unha aspirante a soldado e un médico sen licenza comezan a entrelazarse, mentres as chispas que poderían dar lugar a un incendio empezan a saltar. Porque o Fénix protexe o Imperio coa súa luz, pero a escuridade non só habita no corazón das sombras. Unha historia con moito lume, moitas cinzas, moitos parrulos e bastante comedia. ⸙⸙⸙ #1 Wattpadengalego (10/04/23) #1 Galego (10/04/23) #1 Gallego (30/06/23) ⸙⸙⸙ Moitísimas grazas por ler!! ✨️ *A obra é da miña total autoría, queda prohibida a súa adaptación total ou parcial*
[EN PAUSA] Un feitizo de faíscas  |Galego ❤| by sandra_fega
[EN PAUSA] Un feitizo de faíscas |Galego ❤|
sandra_fega
  • Reads 370
  • Votes 38
  • Parts 7
Ingredientes desta historia: unha princesa, unha torre, un toque de canela... En realidade, moita, moita Canela. Dalgunha forma, esta moza chegou a esa torre e mantén secuestrado a un mortífero demo nela. Como pasou todo isto? Ninguén o sabe moi ben, pero diso vai esta historia. Atréveste a deixarte enfeitizar polo recendo a Canela? Está claro que só ela podería sobrevivir ao terremoto no que se converteu a súa vida cando aceptou a tiara dunha descoñecida, que, por certo, esqueceu comentarlle o colapso inminente do reino, por non dicir que comezarían os intentos de asasinato contra ela. *A obra é da miña total autoría, queda prohibida a súa adaptación total ou parcial, vamos, que non plaxies, que está moi feo*