Arderán as cinzas |Galego ❤|
22 Parte Ongoing Ela só quería ver a súa banda de música favorita.
El só trataba de encaixar no que cría que era o seu lugar.
Pero el padecía nudismo accidental e ela sempre se metía en problemas, así que era inevitable que acabasen no medio das intrigas de palacio e coa estabilidade do Imperio pendendo das súas mans.
⸙⸙⸙
Todas as olladas están pendentes da capital do Reino de Cinza, un dos tres reinos que conforman o Imperio do Fénix. E non é para menos: os príncipes dos tres reinos van manter alí unha xuntanza que podería garantir a paz... ou traer a guerra. Así e todo, o motivo que leva a Nika ata a capital, e polo que moitos agardan en segredo, é a inminente chegada do grupo musical A voz do amo. Por desgraza, coma sempre, Nika acaba metida en problemas.
É así como as vidas dunha princesa solitaria, un cabaleiro perdido, unha aspirante a soldado e un médico sen licenza comezan a entrelazarse, mentres as chispas que poderían dar lugar a un incendio empezan a saltar. Porque o Fénix protexe o Imperio coa súa luz, pero a escuridade non só habita no corazón das sombras.
Unha historia con moito lume, moitas cinzas, moitos parrulos e bastante comedia.
⸙⸙⸙
#1 Wattpadengalego (10/04/23)
#1 Galego (10/04/23)
#1 Gallego (30/06/23)
⸙⸙⸙
Moitísimas grazas por ler!! ✨️
*A obra é da miña total autoría, queda prohibida a súa adaptación total ou parcial*