#WattpadEnGalego
Fermín Bouza Brey naceu en Ponteareas en 1901, mais a súa infancia transcorreu en Vilagarcía de Arousa. Cursou o Bacharelato en Pontevedra e Ourense e licenciouse na Universidade de Compostela en Filosofía (sección de Historia) e Dereito.Publicou o seu primeiro traballo poético Romance dos vinte anos en 1921. Os seus traballos de investigación viron a luz nas páxinas dos Arquivos do S. de EE. GG., no Boletín da RAG, na revista Nós ou no xornal A Nosa Terra. Unha vez licenciado en Dereito, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira, preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid. A este período pertence a novela curta Cabalgadas en Salnés (1925). O acceso á carreira xudicial en 1929 conduciuno a Lleida, mais axiña voltou a terras galegas para exercer de xuíz na Estrada, proseguindo co seu traballo no Seminario e na revista Nós. No ano 1933 saía do prelo Nao senlleira, primeiro poemario do denominado neotrobadorismo.
Durante o conflito bélico de 1936 foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista, mais foi rehabilitado como xuíz xurídico-militar en Lleida, desde onde retornou á Estrada como xuíz de Primeira Instancia. Ingresou en 1941 na Real Academia Galega, un ano máis tarde na Real Academia da Historia, e continuou o seu labor historiográfico desde o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.
Foi cesado no seu cargo a principios dos cincuenta, polo que retomou a súa profesión de avogado en Compostela. Tras rescatar en 1953 o primeiro texto da nosa literatura dramática, A Contenda dos labradores de Caldelas... Entremés famoso, de Feixó de Araúxo, o escritor de Ponteareas publicou en Portugal un novo poemario: Seitura (1955)
A partir de 1969 unha serie de doenzas encadenadas lévao de vagariño á morte, que lle chega en 1973.
In-ho: Hace lo que tenga que hacer para que seas mio...
Gi-hun: Estas demente...
Yo: Mis papis hacen el traka matraka
In-hoxGi-hun
001x456
Omegaverse
Lectura sexual, dramática y más
121k de lecturas
Ig: Xin_cuartetera