#WattpadEnGalego O ilustre e polifacético A. Daniel Rguez. Castelao é a figura máis relevante da Historia da Galiza do século XX. Naceu en 1886 en Rianxo e, con once anos, tería que coñecer de perto a emigración na Pampa. De regreso a Galiza, concluíu o Bacharelato e iniciou os estudos de Medicina. Pronunciou unha serie de conferencias como artista plástico. Concursou para entrar no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra e gañou en 1916 unha praza de funcionario. Desde o ano seguinte, alternaría o novo traballo co de profesor auxiliar de debuxo no Instituto Xeral e Técnico da cidade. Nesta altura Castelao é xa un artista recoñecido e o seu labor está centrado no mundo das artes plásticas (estampas Nós). A plástica facilitará a entrada da literatura: Cousas da vida (1922), Cousas (1929), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934). Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, sumarase ao Castelao artista o Castelao político. En 1931 foi elixido deputado por Pontevedra e defendeu as iniciativas do galeguismo. A finais dese ano 1931 Castelao contribuíu con numerosos mitins por todo o país á unificación e consolidación do noso nacionalismo. Porén, en 1934 foi desterrado, onde comezará a redixir o Sempre en Galiza. Por fin o rianxeiro regresa a Pontevedra. Convocadas eleccións en 1936, consegue escano . Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que se reflicte nos álbums de guerra (Galiza Mártir, Atila en Galiza, Milicianos), de grande difusión internacional. Símbolo do nacionalismo galego, desenvolveu unha actividade continua no exilio. No ano 1949 detectóuselle un cancro que o afastou da actividade pública. En 1950 falece en Bos Aires.All Rights Reserved
1 part