Rosalía de Castro (Escolma da BVG)
  • Reads 223
  • Votes 9
  • Parts 3
  • Reads 223
  • Votes 9
  • Parts 3
Ongoing, First published Aug 05, 2016
#WattpadEnGalego
Rosalía de Castro é a figura máis importante do Rexurdimento. Naceu en Santiago de Compostela, en 1837. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai. Asistía con regularidade ao Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As correntes ideolóxicas, que permanecerán sempre na obra de Rosalía, eran o socialismo utópico e o republicanismo democrático.
   Marcha a Madrid, en 1856, onde casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras en castelán.
    A década dos 60 foi un período de grande efervescencia intelectual e política. Rosalía e Murguía formaban parte desa corrente que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida, que soñaba con ideais do socialismo utópico. Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos en 1863.
    Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela  e outras en Galiza, onde ficará definitivamente na década dos 70. Mais o fracaso da Revolución do 68 e a Restauración Borbónica acabaron coa esperanza no futuro. Á ilusión seguiu o desengano. As consecuencias pagounas Rosalía, pois ficou sen posibilidades de colaborar na prensa galega. Tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia.
    O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara unha importantísima obra en español, poética  e narrativa, que aínda non está suficientemente valorada.
  Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval.
All Rights Reserved
Sign up to add Rosalía de Castro (Escolma da BVG) to your library and receive updates
or
#12galego
Content Guidelines
You may also like
You may also like
Slide 1 of 10
Mi maniático preferido  cover
Possessive cover
EL IMPERIO DEL DRAGÓN cover
𝗜𝗺𝗽𝗿𝗼𝗻𝘁𝗮 - 𝗦𝗲𝘁𝗵 𝗖𝗹𝗲𝗮𝗿𝘄𝗮𝘁𝗲𝗿 cover
Sangre y Poder. cover
Profesora o madrastra? // Freenbecky (G!P) cover
La perdición de los Walker +18 cover
Quiero... cover
SSXU viendo universos cover
Te Odio Armstrong  cover

Mi maniático preferido

7 parts Ongoing

¿Podrías amar a alguien que te arruinó la vida? Una pregunta que carcomia los pensamientos del día a día de los esposos Taehyung y Yoongi. ¿Podrías amar a alguien si nisiquiera sabes que es tal emoción? Esa era la mayor pregunta de Jeon jungkook y Park Jimin. Kookv Historia original de mi cabeza demente también estará el ship Yoonmin Namjin. No se aceptan adaptaciones, sin mi consentimiento.