Carlos Casares (Escolma da BVG)
  • Reads 50
  • Votes 1
  • Parts 1
  • Reads 50
  • Votes 1
  • Parts 1
Ongoing, First published Aug 05, 2016
#WattpadEnGalego 
Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense. Estudiou en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969. Faleceu o 9 de marzo de 2002 en Vigo.
    Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras. As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967) e a novela Cambio en tres (1969).
    En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela pola que recibiu o premio Galaxia e mais o Premio da Crítica española. Esta obra, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte. Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar. Nas primeiras obras desta etapa recrea, tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros soños de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a noveliña Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas novelas, Casares voltou sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa un lugar indiscutíbel na historia da literatura galega.
     Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enriquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole... e como derradeira biografía doutro literato, a do Padre Sarmiento.
    Ingresou na Real Academia Galega en 1978, foi deputado polo PsdeG-PSOE en 1981, dirixiu a Editorial Galaxia, a revista Grial, e presidiu o Co
All Rights Reserved
Table of contents

1 part

Sign up to add Carlos Casares (Escolma da BVG) to your library and receive updates
or
#38clásicos
Content Guidelines
You may also like
You may also like
Slide 1 of 10
nabi x santi (Hola) cover
Eres solo mío.. (NABI X SANTI) cover
Más Allá De La Rivalidad/ Kookv  cover
𝙄 𝙇𝙊𝙑𝙀 𝙔𝙊𝙐 / 𝙎𝙦𝙪𝙞𝙙 𝙂𝙖𝙢𝙚 cover
El me pertenece cover
Mis amados esposos. cover
𝓒𝐈𝐑𝐂𝐔𝐒 ❙ SQUID GAME IMAGINAS cover
La tentación de los Walker cover
Peligroso Deseo +18 [libro 1] cover
Comics y Imágenes De Catnap x Dogday En Español. cover

nabi x santi (Hola)

18 parts Ongoing

LO HAGO POR ABURRIMIENTO OK? XD