Valentín Lamas Carvajal (Escolma da BVG)
  • Reads 40
  • Votes 1
  • Parts 1
  • Reads 40
  • Votes 1
  • Parts 1
Ongoing, First published Aug 05, 2016
#WattpadEnGalego
Valentín Lamas Carvajal naceu en Ourense en 1849. Nesta cidade cursou o Bacharelato, tendo como profesor o destacado gramático Saco Arce, e con posterioridade trasladouse a estudar Medicina en Compostela. Porén, non conseguiu acabar a carreira por causa dunha doenza visual que o deixaría cego, condición que lle valeu anos máis tarde o alcume de "O Homero Galego". De regreso ao seu lugar de orixe, entregouse á escrita xornalística e literaria. Dirixiu a revista compostelá La Aurora de Galicia e fundou a revista El Heraldo Gallego (1874-1880), de carácter bilingüe, e o semanario O Tío Marcos da Portela (1876-1890). A aparición de O Tío Marcos da Portela converteuse nun dos feitos de maior relevancia na historia das letras galegas, xa que se trata da primeira publicación redixida desde Galiza integramente no noso idioma. A extraordinaria acollida da revista debeuse nomeadamente á defensa do labrego desde unha perspectiva fondamente anticaciquil. Esta total conexión co público receptor garantiu a edición. O Tío Marcos da Portela supón a consolidación dun xornalismo xenuinamente galego, estimulando de maneira decisiva o xurdimento de novas publicacións deste cariz por toda a nosa xeografía.
     Lamas Carvajal iniciou a súa andaina literaria con composicións líricas. Así, déronse a coñecer en 1874 o primeiro dos "ramiños" de Espiñas, follas e frores. Este poemario, onde se funden elementos cultos e folclóricos, completouse no ano seguinte cun segundo "ramiño". En 1875 publicáronse as Cartas ós gallegos. Tras cinco anos de silencio saíu do prelo Saudades gallegas, que supuxo a consagración de Lamas como escritor, e en 1890 o seu último libro de poesía, A musa das aldeas. Como prosista publicou o ben coñecido O catecismo do labrego, a obra máis popular da nosa literatura durante longos anos.
     Valentín Lamas Carvajal faleceu na súa cidade natal no ano 1906.
All Rights Reserved
Sign up to add Valentín Lamas Carvajal (Escolma da BVG) to your library and receive updates
or
#28da
Content Guidelines
You may also like
You may also like
Slide 1 of 10
DE ENEMIGOS A FAMILIA cover
El poder de la diosa luna  cover
Tu no eres mi Rey (LancelotxSonic pirata) cover
Sonic (Original) en SSXU cover
Más Allá De La Rivalidad/ Kookv  cover
𝗡𝗘𝗩𝗘𝗥 𝗗𝗜𝗘 © 𝗖𝗢𝗕𝗥𝗔 𝗞𝗔𝗜 ✓ cover
𝗜𝗺𝗽𝗿𝗼𝗻𝘁𝗮 - 𝗦𝗲𝘁𝗵 𝗖𝗹𝗲𝗮𝗿𝘄𝗮𝘁𝗲𝗿 cover
Comics y Imágenes De Catnap x Dogday En Español. cover
ᗴᖇᗴՏ 𝕄𝕚𝕠 Y YO 𝕋𝕌𝕐𝕆★ (Sonadow) cover
Sí... "Capitán" cover

DE ENEMIGOS A FAMILIA

26 parts Ongoing

De Enemigos a Familia: Un Amor que Nació del Caos Omegaverse Para aclarar que esto es un fanfic ESTO NO ES REALLL NO ADAPTACIONES