Aquilino Iglesia Alvariño (Escolma da BVG)
  • Reads 11
  • Votes 1
  • Parts 1
  • Reads 11
  • Votes 1
  • Parts 1
Ongoing, First published Aug 05, 2016
#WattpadEnGalego 
 Aquilino Iglesia Alvariño naceu no ano 1909 en Abadín. Entrou con catorce anos no Seminario de Mondoñedo, onde compuxo a súa primeira obra poética, Señardá (1930). Tras abandonar os estudos eclesiásticos, estableceuse en Vilagarcía de Arousa como profesor. Porén, Aquilino transladouse a Santiago para cursar Filosofía e Letras, carreira na que se licenciaría en 1944. Alí comezou a participar activamente na vida cultural do país. Así, exerceu como director de A Nosa Terra, fundou Renacencia e a seguir retomou a publicación lírica. O segundo libro, Corazón ao vento (1933), desligado do modernismo, entronca co franciscanismo do primeiro poemario e ábrese ás correntes vangardistas.
     Após a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando Cómaros verdes. Nestes anos a profesión docente levouno a mudar de cidade en varias ocasións. Porén, as súas ocupacións profesionais non impediron que desenvolvese unha intensa actividade noutros campos. Como lingüista especializouse no galego popular e redixiu monografías como A lengua dos poetas do Norte de Lugo, que foi o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1949, que só sería publicado quince anos despois. En 1952 retornou a Compostela, onde permanecería até a súa morte, e alí foi testemuña do abrollar da xeración literaria das Festas Minervais (mesmo colaborou, con diferentes artigos e traducións para o galego de textos grecolatinos, en La Noche). A madurez e personalidade do seu verso, que nunca chegou a abandonar certo eco imaxinista e neotrobadorista, manifestáronse claramente nas seguintes obras: De día a día (1960), Landa de soledá (1961) e Nenias (1961).
     Iglesia Alvariño, un dos protagonistas da escola paisaxista de Mondoñedo, faleceu en Compostela en 1961. Dous anos máis tarde publicouse, baixo o título de Leva o seu cantare, unha colección de poesías inéditas
All Rights Reserved
Sign up to add Aquilino Iglesia Alvariño (Escolma da BVG) to your library and receive updates
or
#816literatura
Content Guidelines
You may also like
You may also like
Slide 1 of 10
Sonic (Original) en SSXU cover
El poder de la diosa luna  cover
𝗡𝗘𝗩𝗘𝗥 𝗗𝗜𝗘 © 𝗖𝗢𝗕𝗥𝗔 𝗞𝗔𝗜 ✓ cover
Sí... "Capitán" cover
ᗴᖇᗴՏ 𝕄𝕚𝕠 Y YO 𝕋𝕌𝕐𝕆★ (Sonadow) cover
𝗜𝗺𝗽𝗿𝗼𝗻𝘁𝗮 - 𝗦𝗲𝘁𝗵 𝗖𝗹𝗲𝗮𝗿𝘄𝗮𝘁𝗲𝗿 cover
Más Allá De La Rivalidad/ Kookv  cover
Una obsesión efectiva (001x456)  cover
DE ENEMIGOS A FAMILIA cover
Comics y Imágenes De Catnap x Dogday En Español. cover

Sonic (Original) en SSXU

68 parts Ongoing

Es hora de demostrarles a ese universo el poder del Sonic Original.