Uxío Novoneyra (Escolma da BVG)
  • Reads 114
  • Votes 1
  • Parts 6
  • Reads 114
  • Votes 1
  • Parts 6
Ongoing, First published Aug 05, 2016
#WattpadEnGalego
Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.
     Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.
     Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega), sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe, pesquisando na materia lírica até conseguir o mellor resultado visual e -sobre todo- sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc).
All Rights Reserved
Sign up to add Uxío Novoneyra (Escolma da BVG) to your library and receive updates
or
#4wattpadengalego
Content Guidelines
You may also like
You may also like
Slide 1 of 10
𝓒𝐈𝐑𝐂𝐔𝐒 ❙ SQUID GAME IMAGINAS cover
Más Allá De La Rivalidad/ Kookv  cover
Latch | Alan Limantour cover
El me pertenece cover
Una obsesión efectiva (001x456)  cover
𝐎𝐍𝐄 𝐒𝐇𝐎𝐓𝐒 cover
DE ENEMIGOS A FAMILIA cover
Sí... "Capitán" cover
𝑩𝑳𝑶𝑶𝑫 𝑨𝑵𝑫 𝑨𝑺𝑯𝑬𝑺- 𝑱𝒂𝒄𝒂𝒆𝒓𝒚𝒔 𝑽𝒆𝒍𝒂𝒓𝒚𝒐𝒏 cover
Quiero ver tu mundo arder | Squid game cover

𝓒𝐈𝐑𝐂𝐔𝐒 ❙ SQUID GAME IMAGINAS

49 parts Ongoing

𝗖𝗜𝗥𝗖𝗨𝗦 ,, 𓈒 ★ ❪ squid game ❫ ▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬ ❛ ¿te atreves a jugar? ❜ ▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬▬ - started 𝗼𝗻 ; 12.11.2021 - finished 𝗼𝗻 ; . . . . 𝗖𝗢𝗣𝗬𝗥𝗜𝗚𝗛𝗧 ©MICHIVAMPIRO-3- 2023 ━━━━ ALL 𝗥𝗜𝗚𝗛𝗧𝗦 RESERVED