#WattpadEnGalego
Frei Martín Sarmiento naceu no ano 1695 en Vilafranca do Bierzo e, con a penas catro meses, foi trasladado coa familia a Pontevedra, onde transcorreu toda a súa infancia.
En 1711, un ano despois do seu ingreso no convento. Estudou Artes no Colexio de Hirache e, desde 1716, Teoloxía no Colexio de San Vicente de Salamanca. Na universidade salmantina trocará o seu nome polo de Martín Sarmiento. En 1725, tras unha curta estancia en Pontevedra para visitar a nai, Sarmiento retornou a Madrid, onde se estableceu definitivamente.
Desde a súa viaxe en 1745 a Galiza, á que voltou en 1754, a cultura e a lingua galegas convertéronse no principal centro de interese do ilustrado. De avanzadas ideas a respecto do romance galego, Sarmiento foi unha das primeiras voces en reivindicar a capacidade do galego para se instalar en todos os campos.
Considerado precursor da moderna filoloxía románica, o núcleo fundamental dos escritos de Sarmiento pertence ao terreo lexicográfico. Con este fin, dará forma a un extensísimo conxunto de coplas (por volta de mil duascentas) coñecido como Coloquio de 24 gallegos rústicos ou Diálogo de 24 rústicos, escrito baixo o seudónimo de "O Poeta Marcos da Portela".
Debemos tamén ao relixioso berciano a primeira noticia documentada da literatura medieval e as primeiras pesquisas sobre o nacemento da lingua galega. Co Padre Sobreira preocupouse, ademais, por atender á produción lírica popular do país.
Sarmiento faleceu no ano 1772, sen ver publicada ningunha das súas numerosas obras.