Sol e nubes

6 0 0
                                    


Todo comezou o día no que Alexandra chegou tarde a clase, o cal podía ser cotiá en calquera estudiante da ESO, agás en Alexandra. Alexandra era unha estudante perfecta, sen fisuras, sen manchas no expediente académico. A súa beleza era unicamente comparable ca súa intelixencia.

Os profesores considerabana una margarida nun campo de céspede, aínda que a ela no lle gustaba escoitar iso. Ela o único que quería era poder aproveitar o meses de felicidade que lle quedaban, tiña cancro cerebral. Os médicos déronlle 8 meses de vida, explicándolle que pouco a pouco ía a perder facultades O cancro era tan avanzado que ela xunto cos seus pais renunciaron a sometela á quimioterapia.

Dita enfermidade gardabaa en máximo segredo, ningún dos seus coñecidos sabía nada, nin sequera Ana, a súa mellor amiga.

Os primeiros tres meses foron tranquilos, Alexandra disfrutaba aprendendo na escola cada unha das cousas que lle faltaban por descubrir, a enfermidade parecía durmida e case inexistente.

Levantabase cada mañá cun sorriso de orella a orella, facía a cama, baixaba ata a cociña e preparabase o almorzo, era a súa rutina. Un día algo cambiou, o cancro empezou a actuar. Custaballe baixar as escaleira do piso de arriba, non daba calculado as distancias.

Alexandra agobiouse, foi correndo ao baño, lavou a cara e mirouse ao espello, o sonriso desaparecera...

Cando chegou á escola interpretou o papel de escolar normal á perfeccion, ninguén dubidaba, agás Ana. Alexandra intentaba evitar todo contacto visual con ela, pois sabia que algo raro ocurria.

Tras soar o timbre, que indicaba o fin do horario escolar, Alexandra apresurouse en saír do instituto, pero unha cálida man detuvoa, era Ana. Mirabaa con cara de complicidade.

A súa conversa foi rápida e directa

- Que che acontece? preguntou Ana con tono preocupado.

Hai algo que non che contei...

Alexandra explicoulle todo o relacionado coa súa enfermidade e o que lle estaba a acontecer.

Ana mirouna con cara de asombro.

Pero tiraches a toaia?

Claro que no, pero prefiro aproveitar o tempo que me queda.

Non digas parvadas! Non quero que sufras tratamentos dolorosos pero non te rindas, non abandones o soño que ambas dúas levamos mantendo tantos anos.

Sinto fallarte, pero non son tan forte como aparento – dixo Alexandra con voz culpable.

As notas de Alexandra empezaban a baixar, e os profesores extrañados empezábanse a preocupar, ata o punto de ameazar con falar cos seús pais, loxicamente eles tampouco estaban infromados da enfermidade. Ana en todo momento insistía en que as notas non son importantes e que no se preocupase.

Ana sufría vendo como a súa mellor amiga se ía consumindo lenta pero inexorablemente, o sentimento de angustia que sentía ao poñerse na pel da súa amiga obsesionouna. A impotencia que sentia Ana estáballe a provocar problemas no seu rendimento escolar e non durmía o suficiente.

Os seus compañeiros de clase sabían que algo estaba acontecendo xa que ela non era tan boa actriz coma Alexandra, aínda así ninguen se atreveu a preguntar.

Alexandra estaba nas últimas, non ía a clase, non podía moverse de cintura para abaixo. Ana visitabaa cada día tras saír da escola e pasaba con ela toda a tarde, de vez en cando Alexandra tiña que obligala a volver para á súa casa, cando se facía de noite.

Unha tarde atopabase peor do normal, Ana trataba de tranquilizala pero era imposible, o seu pulso estaba provocandolle a perda da conciencia por ratos.

Ana entre bágoas non deixou de pedir que a axudasen, pero os médicos non podían facer máis, nuns minutos a súa mellor amiga ía morrer...

Alexandra tiña a cara pálida coma a neve, mais conseguiu manter unha pequena conversa con Ana

Prometesme que estarás ben? Dixo de forma costosa.

Non, non estarei ben, quero estar contigo, porfavor non me abandones... Dixo Ana coas bágoas ata as meixelas.

Non chores, mentras manteñas o noso soño seguirei viva xunto a el. Eu xa o cumplin, tocache a ti, dixo Alexandra mentras pechaba os ollos e sumiase nun descanso eterno, non sen antes amosar o sorriso iluminador que levaba oculto tanto tempo e que parecía escondido baixo unha nube de preocupación.

Ana chorou e chorou durante moitas noites, era una fervenza de auga que so se detía nas épocas máis frías. O único que podía deter a súa tristeza era a promesa que lle fixo á súa mellor amiga, cumplir o seu soño, o soño de ser feliz, eliminar todo temor e afrontar a vida cun sorriso.

Has llegado al final de las partes publicadas.

⏰ Última actualización: Feb 29, 2016 ⏰

¡Añade esta historia a tu biblioteca para recibir notificaciones sobre nuevas partes!

O sol e as nubesDonde viven las historias. Descúbrelo ahora