Capítulo 1

9 0 1
                                    

Gustaríame contarvos a historia de Tom e Cloe.

Tom era un rapaz de 18 anos, inquedo, astuto e valente. Tiña o pelo loiro coma os raios de sol en verán, cuns ollos azulados coma o ceo cando está despexado. Vivía co seu irmán Paul, era maior ca él, os seus pais morreran a causa dun acidente de tráfico. A vida de Tom era bastante complicada.

Cloe tiña 17 anos, era simpática, extrovertida e alegre. Os seus ollos eran verdes coma as esmeraldas e o seu pelo era castaño coma as follas en outono. Vivía cos seus pais, os señores Thonson, eran moi cariñosos e moi divertidos coa súa filla.

Tom e Cloe foron amigos dende moi pequenos, era unha amizade moi duradeira, vivían moitas aventuras xuntos, tanto que as súas historias darían para escribir unha novela. Lembro unha das súas trastadas coma se fose hoxe. Unha tarde, subiron a un ascensor e puxéronse a brincar no seu interior. De súpeto, o ascensor detívose e eles quedaron dentro... Ata o día seguinte non puideron saír de alí, de feito foi a Sr. Thonson a que os axudou a saír do ascensor, tiveron preocupadas ás dúas familias, tanto que xa chamaran a policía e aos bombeiros.

Has llegado al final de las partes publicadas.

⏰ Última actualización: Mar 17, 2021 ⏰

¡Añade esta historia a tu biblioteca para recibir notificaciones sobre nuevas partes!

SecuestradosDonde viven las historias. Descúbrelo ahora