1/5/2014
Galiza! Cada día máis linda máis linda, cada dia mellor e mellor (8).
Son unha galega orgullosa da súa terra e estou na busca dunha princesiña para chamala bonequiña. Así que se algunha vez precisas dunha forte aperta, conta cos meu brazos; se precisas chorar conta coas miñas doces verbas de ánimo ou cos meus chistes para sacarche un sorriso; se algunha vez precisas unha orella que te escoite, eu teño dúas para ofrecerche.
Son unha rapaza diferente, son moi sensible e choro facilmente cando se trata das tristuras dos demáis, pero cústame moito chorar pola miña propia desgraza. Son unha moza con moito amor pra dar, con moito sentimento e un corazón grande.
Son unha persoa á que lle dá moita tristura e carraxe os problemas do planeta, pero só sei facer pequenas cousas. Gustaríame ter o valor e os medios pra conseguir facer grandes cousas, pero tal vez sinto que son moi pequena.. Recoñezo que son moi soñadora e que imaxino, coma John Lennon, un mundo ideal.
A verdade e que non coñezo a ninguén coma min. Ou tal vez si, hai un home veciño meu que tamén ten moita conciencia e moita sensibilidade, pero non o coñezo o suficiente.
Hai máis xente que me dá a sensación de ser así, pero supoño que por non coñecer a ninguén igual ocultanse e non mostran o seu verdadeiro ser. Outros simplemente penso que son así e despois ao coñecelos mellor doume conta de que pra nada son así, e claro, decepciónome.
Ás veces sinto tristura no corazón e unha sensación terrible por dentro, pero non por ningunha razón en especial, non sei, simplemente síntome mal. Moita xente non enrende iso. Sopoño que é por todo, por todos os problemas, por todo o que ocorre, non por problemas persoais, senon porque non sei onde vou, cal é o meu propósito na vida. Porque se todos imos rematar igual, non deberiamos empezar a vivir? Sempre deixamos o de comenzar a vivir para mañá, pero a vida hai que disfrutala, e sobretodo axudar a lograr un mundo mellor, un mundo ideal.
Encántanme as películas de Disney (as antigas, non as que fan agora) e as de anime coma 'el viaje de Chihiro' ou 'el castillo ambulante' porque me fan soñar e crer na vida, no amor e nas persoas, conceptos que hoxe en día están algo olvidados.
Atte: Una Leona Dormida, hoxe máis ben 'Unha leoa durmida'
YOU ARE READING
Sentimientos al desnudo.
Teen FictionMis sentimientos, lo que necesito decir y nadie sabe, yo al desnudo.