21 gramos que se marchan
desta terra,
21 gramos que acaban
en Cabo Silleiro.
Xunto aos resto do avó,
do que tanto aprendín,
e agora os meus pensamentos
están con eles alí.
Voan xunto ao vento,
móstranse na luz do faro,
escóitanse como se foran
notas de un piano,
creando unha melodía.
Melodía que se fía
dende alí
ata a miña mente cada día.
YOU ARE READING
Ceo e terra
PoetryEs un pequeño poemario, compuesto por 5 poemas escritos en gallego. É un pequeno poemario, composto por 5 poemas escritos en galego.