Cadea

7 1 0
                                    


Eu xa non pido morte,

pido perpetua.

Que non saian de entre reixas

aqueles que violen,maten...

ou exerzan violencia.

Perpetuando malos tratos e

violencia doméstica.

Porque de dez a quince anos

non igualan unha vida menos,

e aínda menos se falamos de nenos.

Dende o Pescaíto ata Marta del Castillo,

pasando por Diana Quer,

e outros tantos xa desaparecidos.

Ceo e terraWhere stories live. Discover now