Se vos deu por comezar a ler isto, o máis seguro é que vos preguntedes "se vai falar de historia, por que hai un pingüino na portada?". Pois porque forma parte desta. Non, non me volvín tolo nin a depresión me deu esquizofrenia. Coma oídes, ese pingüino forma parte da historia, ao igual que seu pai e seu avó.
Para coñecer esta historia, debemos remontarnos ao 1913, cando se inaugura o Zoo de Edimburgo, onde se atobapan Pingüinos Rei ((a especie de pingüino máis grande tras o Emperador)). Este zoo sería visitado por un oficial da guarda real noruega no 63, o cal se interesou por esta especie, e a familia real acabou adoptando un en 1972. Chamarono Nils Olav en honor ao rei Olav V de Noruega ((reinou dende o 1957 ata o 91)), e nomearono Lance Corporal ((rango militar inferior ao cabo)), pero foi ascendido cada vez que se visitaba o Zoo. Nils Olav I morreu no 87, pouco despois de ser ascendido a Sarxento, e foi substituído polo seu fillo, Nils Olav II. O modus operandi con este foi igual, foi ascendido a Sarxento Maior en 1997, a Coronel en xefe en 2005 e finalmente nomearono cabaleiro en 2008, adquirindo así o título de "Sir Nils Olav", e erixindoselle unha estatua no Zoo de Edimburgo.
Actualmente Sir Nils Olav III convalida os titulos herdados polos seus antepasados, sendo así Xeneral do exercito noruego.
YOU ARE READING
Historia e demais
Historical FictionVou usar isto para contarvos anecdotas curiosas ou xente interesante sobre a historia, entre oitras cousas, pero todo relacionado coa historia. Por que? Pois por nada en especial, simplemente por ter algho que facer.