Familia Nils Olav

5 0 0
                                    

Se vos deu por comezar a ler isto, o máis seguro é que vos preguntedes "se vai falar de historia, por que hai un pingüino na portada?". Pois porque forma parte desta. Non, non me volvín tolo nin a depresión me deu esquizofrenia. Coma oídes, ese pingüino forma parte da historia, ao igual que seu pai e seu avó.
Para coñecer esta historia, debemos remontarnos ao 1913, cando se inaugura o Zoo de Edimburgo, onde se atobapan Pingüinos Rei ((a especie de pingüino máis grande tras o Emperador)). Este zoo sería visitado por un oficial da guarda real noruega no 63, o cal se interesou por esta especie, e a familia real acabou adoptando un en 1972. Chamarono Nils Olav en honor ao rei Olav V de Noruega ((reinou dende o 1957 ata o 91)), e nomearono Lance Corporal ((rango militar inferior ao cabo)), pero foi ascendido cada vez que se visitaba o Zoo. Nils Olav I morreu no 87, pouco despois de ser ascendido a Sarxento, e foi substituído polo seu fillo, Nils Olav II. O modus operandi con este foi igual, foi ascendido a Sarxento Maior en 1997, a Coronel en xefe en 2005 e finalmente nomearono cabaleiro en 2008, adquirindo así o título de "Sir Nils Olav", e erixindoselle unha estatua no Zoo de Edimburgo.
Actualmente Sir Nils Olav III convalida os titulos herdados polos seus antepasados, sendo así Xeneral do exercito noruego.

You've reached the end of published parts.

⏰ Last updated: Feb 09, 2019 ⏰

Add this story to your Library to get notified about new parts!

Historia e demaisWhere stories live. Discover now