Mael_Dedalus

Boa tarde. Acho que este é um comentário um bocado ridículo, mas obrigado por adicionares os meus livros à tua lista de leituras. O certo é que já nem os lembrava (devem de ser os primeiros disparates que desvariei) e dvo admitir que nem me atrevo a os reler, por receio a finar a causa da vergonha, mas... nem sei, aguardo, na medida possível, gostares da leitura (ou ser, ao menos, pouco tortuosa).
          Um saúdo.

_chorima_

@Mael_Dedalus Boas! Non tes q dar as grazas por nada, eu encantada de lerte. Aínda q fai séculos q non paso por aquí sigo lendo e últimamente dinme conta de q lin moitas hiatorias en galego por aquí e non as estaba amosando nas listas de lectura. 
            
            O outro día organicei un pouco isto e pareceume importante poñelas aí para q vos lea outra xente. Pode q agora non che gusten ou xa non as escribirías así, a min tamén me pasa (de feito borrei Zhara, a novela na q estaba traballando), pero é algo q creaches ti e q o resto podemos ver con novos ollos. A min séguenme a gustar os relatos do Soño das razóns, parécenme bos e encántame o estilo directo e q empeza como desubicado. 
            
            Sempre é un gusto ler en galego en wattpad e aínda máis se o material é bo. Hei de pasarme polas tús novas historias q vexo q vou in pouco desactualizada, aí nos vemos. 
            
            Un saúdo para ti tamén
Reply

sofia_castillos

Hola,boas.
          Encantame ver que aquí loitase polo galego, douche a miña noraboa.

_chorima_

@ sofiacastilloslaumy (sei q che respondo un ano máis tarde aprox., non me mates plis) Fago o q podo, é o idioma no que falo cada día e sei a situación na q se encontra. Non se lle pode facer mellor agasallo a un idioma que usalo. Grazas polo comentario e segue coidando ti tamén deste tesouro
Reply

bdoramas

Ola! Vasme matar porque levo unha morea de tempo sen pasar polo Wattpad e sen facer nada por estes lares. Quero crear unha comunidade galega no Wattpad para pór en marcha unha literatura en galego dentro desta rede social.
          
          Fixen un debate nunha obra miña chamada "E por que non?" e pídoche que pases por alí e comentes a túa opinión. Graciñas e persoa o abandono do meu perfil

_chorima_

@Lspmar  Ola! Vai ser que vai ser ao revés e vasme matar ti a min, porque levo nada menos que medio ano sen pasar a actualizar nin facer nada en Wattpad. Encántame a idea de lanzar un proxecto en galego porque sen dúbida o noso idioma tamén se merece un espacio nesta rede social  #Wattpadengalego). Estarei encantada de unirme a esta comunidade e por suposto que pasarei por "E por que non? e por outras tantas novas historias en galego que estou vendo florecer por aí grazas a isto.
            Coa túa idea recordáchesme que tiña varios proxectos pensados que aínda non me atrevín a lanzar e quizais agora me anime. De nada e grazas, lémonos!
Reply