galpad
Enlace al comentarioCódigo de conductaPortal de Seguridad de Wattpad
Boas a todes!
Vamos a tentar retomar esta inciativa tan necesaria, así que procuraremos estar en activo non dentro de moito, polo tanto estade atentes ás novas.
Un saúdo e #wattpadengalego.
(fdo. @demortemorrida)
thinkfloyd
gústame moito esta proposta; aquí os meus ánimos para esta conta. somos poucos os galegos nesta plataforma, e, a verdade, os que somos, estamos ben escondidos...
fiodorararagi
@thinkfloyd Non penso tanto que sexamos poucos os galegos que usamos Wattpad, como que si os que escribimos e publicamos en galego ;/
TiagoMicreLupini
@thinkfloyd Eu penso que iso debería cambiar, por iso inventei esta conta. Despois de publicar o meu libro con personaxes da mitoloxía galega, estou buscando autores que escriban en galego ou sobre Galicia para facerlles unha entrevista e así máis xente os coñeza
refract-arte
Ola, encántame a iniciativa que propoñedes. Estaría ben que buscásedes maneiras para publicitar aos autores galegos dunha forma máis visual dentro de esta plataforma.
Tamén quería pedirvos que visitarades a miña historia e deixasedes a vosa opinión.
Saúdos.
UnaLocaChicaMas
Galegos polo mundo... Que cousas, por fin atopo a alguen do meu sangue, ¡Saudos!
Luscofusco_3
Atopei fai pouco a vosa páxina, mais gustame bastante a vosa idea, unha nova xeración de "Nós", os meus heroes galegos tra-los grandes do rexurdimento(Rosalía, Curros e Pondal). Fai unha semá comecei un poemario completamente en galego intentando que a nosa lingua acadase un recoñecemento alén do noso país. Espero que poidamos recuperar a nosa cultura, a nosa idiosincrase, e botemos a fora todos eses prexuizos inxustos e inxustificados. Estarei atento as vosas nova. Ogalla que este movemento acade un grande nivel, que os medios nos recoñezan, loitemos pola nosa lingua.
NutllaIncomprendidas
Deveríades crear unha pegatina pra poñer nas historias e formar así un movemente de historias wattpad en galego, poderiase poñer a pegatina ainda que a historia non estivera nesa lingua, só para apoiar o movemeto ( ainda qye o ideal seria que os relatos estivesen en galego )
galpad
Ola @NutllaIncomprendidas ! Boa idea a do stiker, estaría fenomenal para darnos a coñecer. Terémolo en conta. Grazas pola idea e por seguirnos! (Asdo. @bananaphone13)
galpad
Ola a todos! Como estades? Espero que desfrutando do que nos queda de verán.
Para comezar a entrar na dinámica de estudo e de traballo traigovos dous concursos poéticos que pon en marcha o Concello de Mondoñedo, ámbolos dous con nomes de grandes persoeiros como o poeta do Rexurdimento, Leiras Pulpeiro e o poeta mindoniense José Díaz Jácome.
O primeiro atópase aberto a calquera persoa que escriba en galego baixo a normativa da RAG e o segundo especialízase na promoción de novos creadores menores de trinta anos, tendo ámbolos dous cadanseu primeiro premio de 1500 euros, placa e diploma. Deixareivos as bases completas nunha "obra" na que poderedes comentar sobre outros concursos que xurdan por toda Galicia ou que promocionen o galego.
Nada máis, calquera cousa preguntademe.
Saúde e Wattpad
(Fdo. @Lspmar)
galpad
Ola a todos!
Comezamos a nosa andadura hoxe, aínda que a idea e darnos a coñecer o 20 de outubro á luz publica.
Pídolle a @fary_13 , a @bananaphone13 e a @treboada_ ( @_superflua ) que me acompañen nesta viaxe e sexan canda min administradoras desta páxina na que poderedes atopar toda a producción en galego de todo o Wattpad, sen importar temática, ideoloxía, normativa ou o autor e as súas diferencias.
Quérovos advertir: Non estamos aquí para xulgar a ninguén que escriba. Estamos aquí por e para defender a nosa língua e reclamar o noso dereito de escribir e ler na nosa fala, aínda viva. Por todo iso, pídovos que sempre teñades presente que non opinamos, só difundimos. Graciñas e despídome cun grande saúdo.
SAÚDE E WATTPAD,
@Lspmar
_chorima_
@ galpad Eu encantada de acompañarvos, grazas por ofrecermo. Porque, como dicía Manuel María: "
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer! "
treboada_
@ galpad Wow! Que gran responsabilidade e que gran honor! Acompañareivos, por suposto. Polo galego farei todo o que estea nas miñas mans...
treboada_
Temos que conseguir que isto sexa algo grande! Que o galego volva á vida.
Grazas polo teu esforzo neste proxecto. Xa sabes que estou para o que precises.