3 º Etapa: Palas de Rei - Arzúa

8 1 0
                                    

— Bo camiño! — exclamou Sabela


— Bo camiño! Encóntraste ben? — preguntou un peregrino


— Estou algo cansada. Ti tampouco tés moi boa cara. Ocorreu algo?


— Normal que esteas cansada son moitos quilómetros camiñando ó día e ademais esta é a etapa máis larga e unha das máis dura debido as numerosas costas, sobre todo no último tramo da etapa. Eu estou algo desgustado, traballei moito para conseguir unha praza e acabo de recibir unha chamada do meu xefe que o posto é para outra persoa.


— Síntoo moito! Crees que esa persoa merecíase o posto?


— Na miña opinión, esa persoa non debería nin estar na empresa porque trata fatal aos clientes e da mala imaxe á compañía.


— Por que non o despiden?


— Polos contactos que ten. É fillo dun dos inversores da empresa. Non tiven tan mala sorte, unha compañeira de traballo recibiu unha chamada do noso xefe e díxolle que ensinara a unha persoa que acababa de incorporarse. Ela pensou que esa persoa ía a axudala no seu posto debido ao montón de traballo que tiña, pero en realidade estaba ensinando á persoa que a ía a ocupar á súa praza.


— A despediron despois de ensinar a esa persoa?


— Si, podería pasar horas e horas contándoche moitas outras historias que ocorren na empresa na que traballo.


— Por que segues traballando alí?


— Levaba moito tempo no paro e non encontraba un traballo que me durara máis de 3 meses. Fixen unha entrevista para traballar nesta empresa. Empecei cun contrato de 2 meses, despois fixéronme fixo. As condicións de traballo son boas e teño bo soldo. Eu vou quedar neste albergue, foi un pracer falar con vós.— Nós temos o albergue máis adiante. Grazas pola conversa e xa nos veremos polo camiño.

Un camiño cheo de historias (galego)Donde viven las historias. Descúbrelo ahora