2° Etapa: Portomarín - Palas de Rei

7 2 0
                                    

O primeiro día foi máis difícil do que cría que ía ser, pero iso non faría que decidira volver á casa sen chegar primeiro a Santiago. Tiña a esperanza que o segundo día fose mellor.

— Bo camiño! — exclamou un peregrino

— Bo camiño! — contestou Sabela

— Anxo, viste que sacou unha pedra da mochila e a deixou no hito de pedra (un dos indicadores típicos do camiño de Santiago). Por que o fará? — preguntou Sabela en voz baixa

— É un ritual que fan algúns peregrinos — respondeu o peregrino

— Un ritual?

— Si, antigamente o seu obxectivo era indicarlle aos peregrinos que pasaban por ese lugar, que ían polo camiño correcto. Na actualidade cambiou un pouco o sentido desta tradición. Agora deixar unha pedra simboliza unha mostra de arrepentimento.

— Grazas. Son Sabela e el é o meu irmán.

— Encantado. Eu son Xoán. Con esta é a terceira vez que fago o camiño de Santiago. Fixen dúas veces o camiño francés e unha vez o camiño primitivo. Tedes algunha pregunta sobre outro ritual ou símbolo do camiño ?

— Encantado. Chámome Anxo. Vin que moita xente leva colgado unha vieira ao pescozo. Esa vieira significa algo? — preguntou Anxo

— Depende a quen lle preguntes, ten un significado diferente. Algúns din que a vieira utilizábase como vaso natural. Os peregrinos que chegaban a Santiago as recollían para beber nos ríos no seu camiño de regreso. Outros din que a vieira é un símbolo do camiño de Santiago pola lenda do milagre do Apóstolo, aínda que tampouco hai unha única lenda.

— Unha lenda?

— Vouche contar a lenda que máis me gusta. Un cabaleiro, mentres paseaba pola praia, viu aproximarse unha barca. Esa barca naufragou e o cabaleiro decidiu axudar aos náufragos. Cabalgou entre as augas ata que unha ola xigante arrastrouno ao fondo do mar. Véndose perdido, pediu axuda a Deus e nese instante, sentiu unha forza sobrenatural que o enviou á beira do mar. Cando se viu a salvo e en terra, acercouse á barca e viu que o que transportaba eran os restos do Apóstolo Santiago. O cabaleiro e o seu cabalo estaban completamente cubertos de vieiras. A salvación do cabaleiro considerouse un milagre do Apóstolo e desde ese momento a vieira converteuse nun símbolo do camiño de Santiago.

Cando remataron de preguntarlle todas as dubidas que tiñan sobre símbolos e rituais do camiño, chegaron a Palas de Rei e alí decidiron ir a un bar e ao irse deixaron unha cruz que fixeran con ramas recollidas no camiño.

— De onde vén este ritual? — preguntou Sabela

— O orixe non se coñece, pero pensase que se fai coa intención de deixar constancia de que se pasou por ese lugar ou para honrar a morte dun ser querido.

— E ti por cal das dúas o fas?

— As dúas, pero sobre todo pola segunda. Fago este camiño en honor da miña avoa que sempre desexou facelo, pero por cuestións de saúde non puido.

Un camiño cheo de historias (galego)Donde viven las historias. Descúbrelo ahora