A Alma Esquecida

11 0 0
                                    


Nun recuncho escuro, onde morre a esperanza,

Vivía unha alma errante, sen soños e sen danza.

Os seus ollos reflectían, un ceo xa sen brillo,

E o seu corazón latexaba, como un marchito trillo.

Soñaba con estrelas, con voos cara ao ceo,

Pero a vida cruel, rompíalle o anceio.

Quería ser poeta, cantarlle ao mundo enteiro,

Máis a tinta nas súas veas, tornábase veleno.

Amaba con loucura, a un ser que non vía,

Un amor imposible, un eco en lonxanía.

As súas cartas non chegaban, os seus versos eran vento,

Que se perdían lonxe, nun mar de lamentos.

Os seus pasos eran fríos, deambular sen destino,

Cada suspiro seu, un poema sen tino.

O reloxo avanzaba, roubándolle a esencia,

E en cada amencer, extinguíase a súa presenza.

Nunha noite escura, onde a lúa fuxía,

Entregouse ao silencio, e a sombra envolvía.

O seu último suspiro, foi un verso desgarrado,

Un canto de tristeza, un amor abandonado.

Na tumba esquecida, medrou unha flor marchita,

A memoria dunha alma, dun soño que non grita.

Así rematou a historia, de quen non puido amar,

De quen viviu en penumbra, sen poder nunca soñar.

Ecos na PenumbraWhere stories live. Discover now