Era luns, se mal non recordo. Chegamos cando o sol saía polo horizonte. Era todo tan distinto... por todas partes víase verde. Recordo unha boa sensación, de liberdade. A nova casa era grande, moito máis do que pensaba. Era bonita pero estaba as aforas da cidade, iso facíame estar insegura, tiña un mal presentimento. Dende que era pequena sempre fun así, distinta aos demais nenos. Soía estar soa, pensando nas miñas cousas. Encantábame investigar en calquera lugar descoñecido para min. Ao entrar na casa o primeiro que me chamou a atención foi un vello cadro no que aparecía unha muller cunha mirada de tristeza. Quedei mirando para ela. Parecía que os seus ollos movíanse seguindo os meus. Produciume unha sensación de inquietude.
Os berros dos meus irmáns espertáronme daquel trance. Paula, a pequena, estaba a berrar porque Xoel, o meu irmán maior, lle collera a mellor habitación , parecían nenos de catro anos. Os meus pais desquiciábanse con eles. A min , sinceramente dábame igual.
De alí a un anaco, decidín coñecer a casa. De primeiras fun á biblioteca. Encántanme os libros , sobre todo os vellos. Ao abrir as portas unha nube de po cubriume por enriba. Parecía que alí non entrara ninguén dende fai moitas décadas. Veume unha serie de preguntas á mente: De quen serían todos estes libros? A quen pertenceu esta casa no pasado?
ESTÁS LEYENDO
O segredo da biblioteca
Misterio / SuspensoEra luns, se mal non recordo. Chegamos cando o sol saía polo horizonte. Era todo tan distinto... por todas partes víase verde. Recordo unha boa sensación, de liberdade. A nova casa era grande, moito máis do que pensaba. Era bonita pero estaba as afo...