Quedeime pensando nesas dúas preguntas. Intentaba atopar alguna resposta. Decidín ollar algún libro daquela extraña pero interesante biblioteca. Fun directa á sección de misterio, a miña preferida. As estanterías eran moi altas, había demasiadas novelas. Iso non me importaba, tiña todo o tempo do mundo. Collín unha escaleira e comecei por enriba. Tras mirar dous ou tres libros, fixeime nun cunha vella tapa chea de telarañas e po. Collinno. Non se podía leer o título, pois a portada estaba moi desgastada polos anos. Cando mirei o reloxo daban as 22:00.
Saín da biblioteca e dirixinme cara o meu cuarto, co libro baixo o meu brazo. Púxenme o pixama a toda présa pois tiña moitas ansias de leelo . A medida que proseguía a miña lectura ía interesándome máis e máis . Cando cheguei ao capítulo 5 decateime de que a historia que estaba a leer desenvolvérase na casa na que eu mesma me atopaba agora. De súpeto sentinme extraña e inqueda, pois a historia trataba sobre un caso paranormal que ocurrira anos atrais a unha familia que residía aquí. A novela narraba que nunca nadie soubo da respota daquel extraño caso. Todo quedara sen resolver. Falaba dunha muller ,que precisamente era a do cadro que se atopaba na entrada da casa. Parece ser que Rosa , que así se chamaba, fora poseída por un extraño ser descoñecido, matara a toda a súa familia e , como castigo polos seus actos , levou consigo a maldición. Conta a lenda que aínda hoxe pódense escoitar os seus lamentos.
Cando rematei o libro tiña os ollos coma pRatos. Quedárame pretificada. Tiña medo. Decicín non contarlle nada aos meus pais.
Erguinme pola mañá, cedo. Nin meus pais nin os meus irmáns estaban espertos . Baixei pouco a pouco as escaleiras e fun á biblioteca. Fixen o mesmo percorrido que onte, pero esta vez devolvendo o libro. Collín a escaleira e deixeino. Perdín o equilibrio e apoieime sen querer nunha pequena manivela que sobresaía a través das estanterías. De súpeto abriuse un pasadizo segredo . Todo estaba escuro. Os meus instintos invitáronme a adentrarme naquel extraño lugar. Ao pasar a porta, pechouse tras de min. Por moito que berrei nadie me escoitou , pois estaba moi lonxe. Non vía nada e comecei chorar.
ESTÁS LEYENDO
O segredo da biblioteca
Misterio / SuspensoEra luns, se mal non recordo. Chegamos cando o sol saía polo horizonte. Era todo tan distinto... por todas partes víase verde. Recordo unha boa sensación, de liberdade. A nova casa era grande, moito máis do que pensaba. Era bonita pero estaba as afo...