DE VACACIÓNS EN BARES 2

13 1 0
                                    

Día 22 de agosto

Facía moi bo día e ademáis eran  as festa de Bares. Todos os cidadáns do pobo atopábanse adornando as rúas, con bandeiras e demais cousas decorativas... rápido chegou a noite e toda a xente atopábase na orquesta. Eu preferín ir cós meus amigos e todos xuntos bailamos, cantamos e a verdade, pasámolo moi ben. Pasámolo tan ben que de súpeto xa eran as tres da maña e a orquesta xa rematara fai tempo entón decidimos ir durmir. Pablo, un bo amigo, acompañoume ata a casa xa que vivimos na mesma rúa. De camiño díxome que lle gustaba Ana pero que non sabía que facer e tampoco quería que ela o soupese. Díxenlle que o mellor era que falara con ela.  Cando cheguei a casa todos estaban a durmir, eu debería de facer o mesmo pero tiña fame, entón fun a cociña e fixenme un bo bocata. Cando me dín de conta xa eran casi as catro da mañá, xa era ora de deitarse.


Día 23 de agosto

Levanteime ás doce da maña, fun á cociña almorzar e Pablo atopábase xa na porta da miña casa. A verdade é que tardei un pouco, xa que tiven que darme una ducha rápida e preparar as cousas da praia.  Cando chegamos Ana atopábase alí dando un paseo e decidimos acompañala. Mentres camiñábamos atopeime cun amigo de Viveiro e pensei que era o mellor momento para deixar a Pablo e a Ana falar dás súas cousas. Ó final acabei na Praia xogando co meu amigo de Viveiro e os seus amigos mentres os outros dous seguían a falar. Cando xa era ora de comer e polo tanto de marchar, apareceu Pablo cuns bocatas e cunhas augas, decidiu que era mellor comer na prais mentras cóntabame o que pasara con Ana. A verdade é que fixo ben en decirlle todo o que sentía porque... ela  sentía o mesmo!! Estaban os dous completamente namorados!!!

Un día calquera de vacacionsDonde viven las historias. Descúbrelo ahora