Quen lle pediu á loba namorar dun humano? A loba sabe que non debe, a loba sabe que non pode. O humano non a coñece e se a vira.. Matariaa, pero ela sempre observa, agochada entre as árbores.
Un día ela tenta falar con el.
Acércase mentres el está pescando.
El admira a súa grandeza, a sua beleza.
"Oh que preciosa loba branca" pensa para sí.
Ela quédase quieta. Observado e pensando.
"Non podo obter o que quero, que serei, a súa mascota? Coma eses cans que ás veces leva?"
Da volta e sae correndo, unha bágoa cae pola súa meixela.

ESTÁS LEYENDO
Anacos meus
РазноеAquí deixovos anacos meus, que empregarei de cando en vez para desfogarme. As imaxes das cabeceiras son todas da miña autoría.