15 de Outubro

13 2 3
                                    

Gustaríame escoitar o vento, sentilo, ao son da auga dun regato que corre. Gustaríame respirar ese aroma a herba, o perfume dunha flor, a brisa de outono. Quedar nun lugar así durante minutos, incluso horas, para atoparme a min mesma, para esquecerme de min.

Gustaríame espertar coa ilusión dun novo día e non co cansazo do anterior. Gustaríame saltar da cama con enerxía, unha enerxía inesgotable ata ben entrada a noite. Gustaríame querer vivir máis e querer durmir un pouco menos.

E camiñar sobre o aire e voar entre pólas e bailar xunto as follas que caen amodiño. Sentir a chuvia suave, non un diluvio, só gotas pequeniñas sobre a pel, sen preocuparme dos cristais das gafas nin do frío da tormenta.

Escoitar as badaladas e moverse ao seu son, durmir coa tormenta e espertar baixo o sol. A calor do fogar, a calor da ilusión, a calor da felicidade e a calor do propio amor.

Esforzarse a cada paso máis alá do esgotamento e loitar por unha meta que realmente desexo alcanzar. Pero ás veces esas metas esvaécense e pérdome polo camiño e xa non sei avanzar. É entón cando debo reconectar comigo, con quen son.

E só cando corpo e espírito están en equilibrio nacen as mellores obras que un podería crear.


Tan só reflexións nocturnas varias

Oops! This image does not follow our content guidelines. To continue publishing, please remove it or upload a different image.

Tan só reflexións nocturnas varias.


Escritos varios de OutonoWhere stories live. Discover now