Oio voces...todo o tempo. Non, non estou tola, as voces non están na miña cabeza, son reales. Voces aparentemente preocupadas que sucan a ondadas o meu teléfono móbil dende que non vivo a vida. Voces ás que xa non logro poñer rostro nin vida, voces que ameazan con rematar esquecidas entre a merda que é o meu ser. A morfina estame axudando a levalo todo bastante ben. E xa non quero espertar, síntome moito mellor neste tráxico mar de somníferos do que xa non quero saír que nunha vida tan crúa como esta. Realidade surrealista que queira vivir a miña vida durmida. O peor son as voces, de verdade que me poñen mala! Finxen ser o que non son e regalan sentimentos que non senten por todas as partes. Ás veces creo que son a máis corda de todos.

ESTÁS LEYENDO
Appetite for destruction
SpiritualRecopilación de tres textos breves interconectados entre sí, que escribín fai un tempo. Sentimentos levados ao extremo, escuridade e morte, usados como ferramentas literarias. Unha pequena historia de libre interpretación. Moreas de dudas que nin e...