Non paran de acosarme estranos. Violan a miña intimidade e métense sen máis no meu cuarto para falar dos meus problemas e demais paiasadas para intentar axudarme, aínda que descoñecen que o único xeito de axudarme é deixándome descansar en paz dunha vez por todas. Sospeito que pronto virá un cura octoxenario a darme a extrema unción. Teño preparado o spray de pementa por se acaso. Todos os días é o mesmo. Antes escoitábaos. Aínda recordo as noites en vela ríndome a gargalladas de todos eles acompañada únicamete da miña almofada. Agora só analizo o rubor das súas meixelas, e como as súas mans se deslizan suavemente polas perfectas cuvas dos seus narices mentira tras mentira. Porque menten, menten, e volven mentir. Menten sen descanso. E o peor de todo non é o feito de que crean as súas propias mentiras. O máis triste é que non logran aceptar a realidade, e para min o único real que hai é que me fas falta.
Mentres tanto, ti non estas, e eu non teño as suficientes forzas nin gañas como para levarlles a contra, porque o único que quero é que marchen dunha vez.
Como os odio. Aínda que hai tempo que odio a case todo o mundo. Sobre todo a min mesma.
ESTÁS LEYENDO
Appetite for destruction
SpiritualRecopilación de tres textos breves interconectados entre sí, que escribín fai un tempo. Sentimentos levados ao extremo, escuridade e morte, usados como ferramentas literarias. Unha pequena historia de libre interpretación. Moreas de dudas que nin e...