Iago era un rapaz, un rapaz calquera, coma quen di, un ninguén.
Un bo día, a este adolescente, de 16 anos, amante e experto en novas tecnoloxías, cruzóuselle unha mala idea pola parte escura da súa cabeciña. Cometer o primeiro crime perfecto da historia.
Para aqueles que non o sepan, denominase como "crime perfecto" no que non se pode atrapar ao transgresor, xeralmente, un asasino.
Inmediatamente, ás 04:33 da mañá, colleu o seu blog de notas, o seu inseparábel Iphone de último modelo, e, xunto co seu Iwatch e o seu Ipad (poderíase dicir q lle gustaban as mazás...), dispúxose a comezar a ardua tarea da cuantiosa e milimétrica pranificación do crime.
A data elixida para a morte de Bruno, o seu peor inimigo, o 25 de Xullo, día do seu santo, e da celebración dos Fogos do Apóstolo Santiago. Ese día, mais ben esa noite, SdC (Santiago de Compostela), estaría a rebentar de xente. Entre eles, coma os últimos catro anos, estaría o obxectivo.
14 de maio, 06:27 am
Iago atopábase esperto e erguido. Como tiña por rutina, repasou de cabo a rabo a "lista da compra", que incluía os materiais que había de conseguir no mes seguinte para
completar os seus plans.
Esta lista abranguí, desde a arma homicida, un rifle dun discreto calibre 22, ao que lle habbrá que quitar as estrías caracttrísticas; ata o uniforme que había de levar ese día.
Unha vez rematado este repaso xeral, emprendeu o camiño ata o seu instituto, tres rúas mais abaixo do seu piso.
26 de xullo, 01:13 am
O crime comezara.
Gabeando ata o seu escondite na Torre da Berenguela, cara a fachada gótica, a dez metros sobre a cuberta da nave principal da Catedral de Santiago de Compostela. Correu o cerrollo do seu rifle, xa sen marcas distintivas, e apuntou, coa súa mira, consistente na cámara do seu Iphone, directamente á cabeza do seu obxectivo.
01:27 am
Bum.
O cañón expulsou a esa pequena porción de chumbo chapado en cobre, cunha traxectoria oblicu inclinadaa uns 25° negativos, cara a terraza dun bar.
Segundos despois, o proxectil impactou na parte traseira da orella de Bruno, matándoo no acto.
01:46 amTras recoller a vaina da bala e sacar toda a súa roupa, para metela na mochila, xunto coa arma homicida, baixou, agora pola fachada da Praza de Praterías, disposto a librarse das probas do crime.
Optou por unha opción estendida entre as series policíacas tipo CSI ou Castle, senón que, mediante un chisqueiro e un pouco de alcohol sanitario, prendeulle lume na lareira da súa avoa.
Misión cumprida.
YOU ARE READING
Divagues en galego.
RandomPequenos contos, relatos, poemas ou calquera outra cousa que se lle ocurra á miña cabeciña estarán aquí. Iso si, en galego.