Estabamos a chegar, o meu pai, o meu heroe, levaba o volante. Eu, sentado, á súa dereita, miraba pola fiestra ilusionado, ía ser o primeiro rali ao que ía.
Unha vez chegados ao lugar, unha curva non moi pechada cara á dereita, seguida dunha recta, sentámonos.
Sentámonos alí, e, ao pouco, a meu pai estrañoulle que non houbese vallas, nen sequera alguén da organización do evento velando pola xente. "Que pode pasar" pensou el.
O que el non sabía era o que ía acontecer.Risi, o piloto do peugeot, veciño e moi amigo noso achegábase á curva, xa se oía o motor francés, sobrealimentado, que entregaba unha recua enorme de cabalos ás rodas.
Chegaba o momento, xa se vía o morro.
Súbitamente, e sen saber cómo, a roda esquerda do tren dianteiro entrou na cuneta, e fixo que, literalmente, o coche voase.Voaba, voaba cara nós.
Recordo gritos, moitos moitos gritos, tamén choros, cruxidos... de todo.
Agora, tras esta enorme traxedia estou aquí, vivo, sen saber ónde, nen cando. O que si sei é o por qué.
En memoria das vítimas do accidente de Carral
05/09/2015
YOU ARE READING
Divagues en galego.
RandomPequenos contos, relatos, poemas ou calquera outra cousa que se lle ocurra á miña cabeciña estarán aquí. Iso si, en galego.