Déixovos con outra fantástica historia curta froito da produtiva colaboración coa miña compañeira Fátima.
Disfrutádeo
Que pensarías se descubrises que... esa rapaza á que tanto desexas ter entre as sabas do teu colchón é máis fría que o xeo? Que pensarías se soubeses que esa mullerciña só che agasalla con sorrisos falsos? Pois, como isto é unha historia, e, a pesares de ser mago, non fago milagres, dígoche o que pensei eu. Si, eu.
No seu trasteiro, dúas portas á dereita do meu, porta que casualmente se atopaba aberta, atopei todas esas cartas nas cales relataba o seus plans por esta terra de sempre ceio gris, viña a matar, matar matar, e soamente iso, a matar. Iso si, con algún ignorante descoidado había atopar. Ao mellor eses sorrisos que me dedicabas, nena, eran para me hipnotizar, coma facían as sereas cos mariñeiros. E, polo que miña cabeza puido deducir, o mariñeiro, sen barca, remos, e ao como na canción de Manolo Gómez tamén sen guitarra neste caso, era eu. Puiden advertilo pola inxente cantidade de fotos miñas (andando, pescando, lendo, bicando a...), similares ás típicas pizarras das series policíacas.
Non xogues cos meus sentimentos, pensei, non sexas mala pécora, non rompas en mil pedazos o motor do meu vivir, déixame seguir vivindo do osíxeno contaminado, déixame seguir. Non me namores para levarme ao outro mundo, namórame, para quererme entre as sabas, soamente. Quéreme para o que te quero eu, dame aloumiño de xemidos, e non aloumiño de coiteladas inexperad. . ...a..s.
YOU ARE READING
Divagues en galego.
RandomPequenos contos, relatos, poemas ou calquera outra cousa que se lle ocurra á miña cabeciña estarán aquí. Iso si, en galego.