Capítulo 2

17 0 0
                                    

O tempo pasaba lentamente, e comezaron a salir da cidade. De súpeto, cunha axilidade asombrosa para a súa idade, a vella levantouse e dixo: -¡Paren o autobús!-


A gran máquina parouse de golpe, provocando que algúns pasaxeiros se queixasen, pero naquel intre, a Rosa só lle importaba unha cousa.

Cando ela baixou do autobús quedouse atónita, e comezaran a notarse resbalar algunhas lágrimas polas súas meixelas. Estaba alí. Facía polo menos uns 60 anos que non volvía a ese marabilloso lugar afectado polos anos nestes intres, pero eso non significou que se esquecera.

Camiñou lentamente, recordando cada vez mais, imaxes viñan a súa mente, e ela non podía evitar emocionarse, sorrir e chorar. A casa estaba con grietas, e cuberta por frondosas enredaderas que chegaban ata o teito, que cos anos empezara a deteriorarse, ata quedar cunha forma cóncava, a pintura, co tempo, había deixado de ter unha cor amarela tan alegre, e se había convertido nun marrón triste e amargo. Por sorte, aínda que a casa había sufrido o cambio do tempo, estaba completa, aínda que tiña a maior parte dos ventanais rotos. Aínda podían observarse os establos e as cuadras dos animais, e, se te fixabas ven, aínda podíase apreciar alguns restos do que, fai tempo fora unha parcela onde aqueles grandes herbívoros paseaban sen preocupación alguna.

Rosa non desaproveitou un momento, a curiosidade a invadía e, rápidamente entrou.

TEMPOS QUERIDOSDonde viven las historias. Descúbrelo ahora