Céfiro

5 1 0
                                    

-"Faría debuxos no aire por ti!"- iso foi o que me berraches dende a décima fiestra, do segundo piso, do edificio central do noso instituto.

Que como o recordo? Porque foi a primeira vez que facían calar o silencio por min, a primeira vez que alguén prendía o meu corazón.
Foi ese segundo, no que lucias tan inseguro que parecía que o aire, que dicias debuxar por min, iate levar voando, o que fixo que non soamente se prendera o meu corazón, senón tamén a miña alma.
Foi ese segundo, o que fixo que convertera en centrímetros os infinitos pasos que nos separaban.
Ese, que fixo que o caos e o silencio se converteran nun.

Dixeches que farías debuxos no aire por min, pero eu quero facelos contigo.

NefelibataDonde viven las historias. Descúbrelo ahora