Sempiterno

23 3 0
                                    



Sempiterno: aquelo que tendo principio no terá final.

Comezaría dicindo moitas cousas, pero voume limitar a dicir que era unha tarde do máis treboenta na costa de México.
A pesar do continuo sonido que facían as gotas da chuvia contra o cristal, escoiteite perfectamente chegar a miña casa.
Era a primera vez que te via, pero caín rendido aos teus pés. Nese momento reparei en que ningún dos rumores che facían xustiza, igual que túa irmá, que co seu vestido verde esperanza compartía o meu día a día, aunque xa empezaba a notar coma se desvanecía a nosa relación.

Por iso non me sorprendeu encontrarte na miña casa a altas horas da noite co teu fermoso vestido azul.

Da nada dirixicheste á porta e decidín seguirte, encontrándonos a cidade totalmente en paz transmitindo ese sentimento de silencio cómplice. Fumos ata o meu coche e puxemos rumbo a praia máis cercana.
Ainda conscente da miña situación, decidín poñer a radio, en canto escoitaste a música, para a miña sorpresa , comenzaches a cantala e rír pola túa falta de coñecemento sobre a letra.

Cando finalmente chegamos ao noso destino, eu, que pensaba que xa vera e escoitara todo, non tiven máis que rectifica ao escoitar, por primeira vez, o delicado sonido da túa voz chamando o meu nome; producindome unha paixon e tranquilidade, semexante á caricia dunha nai. Nese momento corroborei as moitas diferenzas entra a tua irmá e ti, xa que o seu ton de voz é mais firme e demandante.

Ó único que me dixeches foi que xa era hora e eu non podería estar máis de acordo.
Collichesme da man e me levaches dirección ao mar, nese momento escoitamos as sofocadas pisadas de túa irmá que, axitada e gritando, intentaba evitar, con palabras vacías, que me adentrara máis ao mar, pero a súa voz quedaba cada vez máis lonxe, igual que todo rastro de vida en mi.
Desta forma camiñamos ata que non quedou nada máis ca auga nos nosos pulmóns e morte nos nosos corazóns.

E nesa típica noite treboenta e fría, onde o calor emigra e a terra se afunde nun pozo sen fondo ata á proxima primaveira, foi cando olvidei calquera rastro de vida e caín perdidamente namorado da morte.

NefelibataDonde viven las historias. Descúbrelo ahora