Caricatura

8 1 0
                                    

Só son un debuxo,
un, feito por alguén baseándose no que quere sentir ó velo,
o que hai detrás deste ninguén o sabe por que se satisfán vendo só  o debuxo
e non coñecendo o que hai detrás del.

Só estou agardando a encontrar a persoa correcta,
esa que non se enche con ver o debuxo se non que necesita coñecelo,
saber o que sente, saber por que fai as cousas e con que sentimento.

Só estou agardando a esa persoa que converta o debuxo en pintura,
coas súa cores, sentimentos e accións,
esa persoa que consiga que ese debuxo, convertido en pintura, poda converterse por fin, 
nunha obra de arte. 


NefelibataDonde viven las historias. Descúbrelo ahora